Montes, parques e xardíns

Noticias do servizo

Lista de noticias

Noticias

2026-08-18. O Concello realizou preto de 1.000 actuacións de limpeza en parcelas para previr incendios

Foto noticia
Abel Caballero destaca a intervención subsidiaria en 547 parcelas das faixas secundarias e outras 438 en solo urbano. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-08-11. O Concello instalará dúas tirolesas de 32 metros na ampliación do parque de xogos infantil da Praza da Miñoca

Foto noticia
O alcalde anunciou este martes a adxudicación das obras que conlevan un investimento municipal de 48.319 euros. A adaptación do espazo para acoller os novos xogos contará cun prazo de dous meses e medio. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-08-06. Vigo arranxará o paseo do Lagares ante a inacción da Xunta de Galicia

Foto noticia
O alcalde censurou a desidia do Goberno autonómico coa súas competencias na cidade, logo de que derive ao Concello a responsabilidade das obras na conca do Lagares. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-08-04. O Goberno municipal incrementa persoal e maquinaria no servizo de parques e xardíns

Foto noticia
O alcalde informou este martes da posta en marcha do novo contrato de mantemento e conservación das zonas verdes da cidade que ten un orzamento anual de 12,2 millóns de euros. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-07-31. O Concello inviste 64.000 euros na mellora do adro da Igrexa de San Lorenzo de Coruxo

Foto noticia
O alcalde participou este venres na posta en funcionamento, logo do remate das obras, do novo muro perimetral e da varanda que dará seguridade ao recinto onde se celebran as festas da parroquia. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-06-29. Vigo solicita á Xunta 9 millóns por ser a cidade máis poboada de Galicia

Foto noticia
O Grupo Municipal Socialista defendeu que o Goberno autonómico achegue esta cantidade en analoxía á asignada en concepto de capitalidade ao Concello de Santiago. O Partido Popular votou en contra e o BNG abstívose. O Pleno tamén aprobou unha moción para a protección e valorización dos montes periurbanos da cidade. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-05-14. A construción do novo macroparque infantil de Finca Matías comeza no mes de xullo

Foto noticia
A Xunta de Goberno aprobará mañá a adxudicación das obras do macroparque infantil da Finca Matías, un proxecto que converterá este ámbito situado entre Travesía de Vigo e a rúa Aragón no maior espazo de xogos da cidade. A actuación contará cun investimento de 2.850.000 euros e un prazo de execución de oito meses. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-03-24. O Goberno municipal plantou desde 2007 máis de 35.000 árbores na cidade

Foto noticia
O Concello plantou máis de 35.000 árbores en Vigo desde 2007, segundo destacou hoxe o alcalde ante os alumnos do Escolas Nieto e do CEIP Fonte Escura con quen plantou un magnolio no parque de Barreiro con motivo da conmemoración do "Día da Árbore". (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-03-13. O goberno local suma 240.000 euros á reposición e creación de novas zonas verdes

Foto noticia
O Concello aprobou a contratación de subministro de árbores, arbustos, plantas e especies vexetais para os próximos tres anos, por un valor de 240.000 euros. A previsión, dixo Caballero, é alcanzar 2,3 millóns de metros cadrados de novas zonas verdes nos próximos anos, "Vigo es cada vez máis unha cidade verde". (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-03-04. A Porta do Sol acolle por primeira vez o Concurso Exposición Internacional da Camelia

Foto noticia
O alcalde presentou esta maña a 61 edición do Concurso Exposición Internacional da Camelia e animou a cidadanía a participar nos actos programados para esta fin de semana. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

Cargando recomendacións
 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100