|
GA
Escudo Concello de Vigo

Montes, parques y jardines

Noticias del servicio

Lista de noticias

Noticias

2023-04-20. O Concello inviste 1,5 millóns de euros na mellora do parque Nelson Mandela de Navia

Foto noticia
A Xunta de Goberno Local aprobou este xoves a contratación da primeira fase das obras de mellora integral, novo arborado e mobiliario no parque de Navia que será \"para todo Vigo". (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2023-03-27. O alcalde visita os traballos de conservación da oliveira do Paseo de Alfonso

Foto noticia
O goberno municipal está acometendo labores de poda na centenaria oliveira do Paseo de Alfonso para seguir contribuíndo á súa conservación. Abel Caballero achegouse a ver de primeira man os traballos e saudou ás persoas que participaban no xogo da campaña \"Vigo, a cidade dos espazos verdes" cunha exposición e un xardín efémero co que se pode gañar unha oliveira ou unha camelia. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2023-03-21. O Concello celebra o Día da Árbore coa plantación de 30 exemplares no Castro

Foto noticia
O goberno local desenvolve ata o 1 de abril a campaña \"Vigo, a cidade dos espazos verdes" cunha exposición e xardín efémero en distintos puntos da cidade onde a cidadanía pode participar e gañar unha camelia ou unha oliveira. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2023-03-17. Vigo celebra o Día Mundial da Árbore coa campaña \"Vigo, a cidade dos espazos verdes"

Foto noticia
O alcalde explicou que "serán actividades por toda a cidade entre o 17 de marzo e o 1 de abril". (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2023-03-15. Caballero acompaña ao alumnado do colexio Calasancias no "bautizo" dunha oliveira

Foto noticia
O alcalde achegouse esta mañá ao colexio Padre Miguel Calasancias de Vigo para participar no "bautizo" dunha oliveira que o Concello donou ao centro educativo para que a prantara na entrada. Al lado de "Oliveto" e da man do alumnado, Caballero tivo oportunidade de coñecer as actividades que desenvolven en defensa de conceptos como a ecoloxía integral ou a economía circular. Durante a visita, Caballero felicitounos porque o colexio foi elixido sede clasificatoria rexional de a WRO (World Robot Olympiad), competición de robótica de ámbito internacional. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2023-03-15. O alcalde visitou as melloras realizadas no volcán de Coia

Foto noticia
A fonte do Volcán estará operativa entre as 10:00 e as 00:00 horas. Caballero sinalou que "realizamos moitas melloras" como a reparación do variador de frecuencia, o sistema que permite que arrinquen os chorros, e automatizouse o funcionamento dos chorros poñendo unha frecuencia de 5 variacións. A maiores renovouse o cableado e fíxose unha limpeza da fonte. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2023-02-23. A exposición \"A camelia, flor de Vigo" encherá a rúa Príncipe ata o 5 de marzo

Foto noticia
Serán 14 tótems triangulares nos que se fala das características da camelia, co ornamentación da flor que dai nome á exposición. Vigo celebrará o 58 Concurso Exposición Internacional da Camelia os 4 e 5 de marzo no Auditorio Mar de Vigo. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2022-11-18. O Concello remodelará o parque de Navia que terá unha extensión de 90.000 m2

Foto noticia
A Xunta de Goberno deu luz verde ao proxecto do novo gran parque de Navia que terá 90.000 m2. Esta iniciativa, ademais de permitir remodelar esta área de ocio, facilitará a reforestación desta zona da cidade, coa plantación de case 200 árbores. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2022-10-28. O goberno local aproba a achega de 240.000 euros de fondos europeos para os parques do Berbés e Camilo José Cela

Foto noticia
A Xunta de Goberno aprobou recibir a achega outorgada por ambos os dous proxectos presentados á convocatoria do Ministerio de Sanidade para infraestruturas de vida saudable. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2022-09-06. Os estudos constatan o bo estado do Olivo do Paseo Alfonso XII

Foto noticia
O alcalde visitou o exemplar, que ronda os 200 anos, no momento da tomografía anual que vén realizando o goberno local anualmente. "Imos ampliar o alcorque", anunciou o rexedor. (Ver noticia en xornal.vigo.org)