Servizos cidadanía
Horario de atencion ao público:
Enderezo:
O Concello de Vigo, a través da Oficina de Asistencia en Materia de Rexistro, pon ao dispor da cidadanía o rexistro electrónico, para a presentación a través de Internet de solicitudes, escritos e comunicacións.
Así mesmo, na Oficina de Asistencia en Materia de Rexistro ( OAR) do Concello de Vigo préstase atención e asesoramento á cidadanía para presentar solicitudes, escritos e comunicacións dirixidas a calquera Administración Pública, xa sexa da Administración Xeral do Estado, da Autonómica ou da Local (sempre que estean interconectados a través do sistema SIR).
Sempre que sexa posible, realice os seus trámites co Concello Vigo a través da sede electrónica do Concello. O rexistro electrónico está operativo 24 horas ao día durante todos os días do ano, excepto as interrupcións que sexan necesarias por razóns técnicas.
Lémbrase a obriga de presentación exclusivamente electrónica aos suxeitos obrigados e os seus representantes, segundo o establecido no artigo 14.2 da Lei 39/2015 do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas e na Ordenanza Municipal de Administración Electrónica do Concello de Vigo.
Estes suxeitos obrigados deberán presentar e tramitar por medios electrónicos a solicitude e documentación a través da sede electrónica do Concello de Vigo.
No caso de que algún dos suxeitos obrigados a relacionarse co Concello de forma electrónica non o fixese por esta vía senón presencialmente, será requirido pola unidade tramitadora para que emende mediante a súa presentación electrónica. Considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a subsanación e non dende a súa presentación presencial.
As persoas físicas poderán elixir en todo momento se se comunican para o exercicio dos seus dereitos e obrigas a través de medios electrónicos ou non, salvo que estean obrigadas a relacionarse a través de medios electrónicos.
Pode acceder aos seus servizos calquera persoa física que necesite presentar documentación dirixida a unha Administración Pública e que non estea obrigada a relacionarse a través de medios electrónicos coas Administracións Públicas.
O servizo de rexistro presencial prestarase nas oficinas de asistencia en materia de rexistro con ou sen cita previa.
Atención sen cita previa
Atención con cita previa
Os cidadáns, que así o desexen, poderán solicitar cita previa, debendo solicitar unha cita por cada solicitude/trámite que vaia a realizar.
Importante: En beneficio de todos, rógase que anule a súa cita se non vai usala, co obxecto de proporcionarlle a mesma a outra persoa que a precise.
Nota: Tamén pode presentar os documentos dirixidos ás Administracións Públicas nas demais formas previstas na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas:
Importante:
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100