Xuventude

Noticias de Xuventude

Lista de noticias

Noticias

2026-04-06. Vigosónico rexistrou máis de 10.000 entradas durante o ano 2025

Foto noticia
Este centro municipal ten por obxectivo potenciar a actividade musical ademais de buscar alternativas de ocio á mocidade. Ofrece actividades formativas e salas de ensaio, todo completamente gratuíto. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-03-04. O alcalde invita á mocidade a participar nas actividades e cursos gratuítos de "Vigosónico. Distrito Creativo"

Foto noticia
Este mes de marzo "Vigosónico. Distrito Creativo" arrinca coa oferta de primavera con actividades lúdicas e formativas para a mocidade de entre 10 e 35 anos, tras o récord de asistencias de 2025 con 10.041 participacións. O alcalde convida "a todas as persoas que queren avanzar na música a que se acheguen a Vigosónico". (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-02-06. Concello e Cámara de Comercio colaboran na organización de cursos de formación xuvenil

Foto noticia
O alcalde anunciou que o Concello colaborará coa Cámara de Comercio na organización de actividades formativas para a mocidade que se desenvolverán na Casa da Xuventude, un espazo municipal que o Goberno municipal reformou en 2025 cun custo de case 100.000 euros. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-01-20. O alcalde anima a inscribirse na segunda edición de "Vigo Dance Festival" os días 25 e 26 de abril

Foto noticia
O baile volverá converterse "no corazón de Vigo" a fin de semana do 25 e 26 de abril coa segunda edición de "Vigo Dance Festival", segundo avanzou hoxe o alcalde ao animar a toda a cidade a inscribirse na cita cultural que arrincou en 2025 coa participación de 1.500 bailaríns. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2025-12-16. A XXI edición de Vigolandia desprega no IFEVI grandes inchables e animacións infantís

Foto noticia
O Instituto Feiral de Vigo acollerá do 26 ao 30 de decembro a vixésimo primeira edición de "Vigolandia". Despregará sete grandes inchables, así como unha área de superconstrucións, unha ponte tibetana e unha tirolinatir, ademais do certame de pintura "As luces non Nadal". O alcalde destacou os compoñentes sociais, de lecer e de conciliación da iniciativa lúdica. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2025-11-13. VigoSónico acolle o segundo encontro de K-Pop

Foto noticia
O alcalde anunciou que a mocidade encheu as 40 prazas para o evento K-Pop, un fenómeno musical e cultural de Corea do Sur. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2025-11-07. Vigo Dance Festival enche o Auditorio Mar de Vigo de baile a fin de semana

Foto noticia
Centos de participantes de distintas escolas e grupos de baile danse cita no Auditorio Mar de Vigo o sabado 8 e o domingo 9 de novembro. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2025-10-20. O Auditorio Mar de Vigo acolle os días 8 e 9 de novembro a edición de outono do "Vigo Dance Festival"

Foto noticia
O auditorio Mar de Vigo acollerá o sábado 8 e o domingo 9 de novembro a edición de outono do "Vigo Dance Festival 2025". O alcalde chamou hoxe a gozar dunha iniciativa de carácter aberto que conta co apoio do Concello, xa que tanto a participación na festa da danza local e como a asistencia ás distintas sesións son de acceso gratuíto. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2025-09-23. Vigosónico sumou máis de 1.700 participantes ao longo de 2024

Foto noticia
"Vigosónico, Distrito Creativo" ofrecerá ata final de ano, de forma totalmente gratuíta, cursos para producir música desde a casa, crear podcast, así como con ferramentas dixitais, entre outras actividades. Durante 2024 máis de 1.700 mozas e mozos participaron nos distintos cursos e actividades, segundo destacou este martes Abel Caballero. "No proxecto da música e da aprendizaxe, Vigosónico está a desenvolver un marabilloso papel, cun éxito excepcional", destacou o alcalde. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2025-07-14. O alcalde visita os campamentos municipais de Vigonature

Foto noticia
Abel Caballero achegouse este luns a coñecer a actividade que se desenvolve nas instalacións onde decenas de nenas e nenos gozan de diferentes estadías, durante o día e tamén de noite, no marco do programa municipal "Verán Xove 2025". (Ver noticia en xornal.vigo.org)

Cargando recomendacións
 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100