Juventud

Noticias de Juventud

Lista de noticias

Noticias

2026-07-17. Caballero visita o campamento municipal de Navia

Foto noticia
O alcalde salienta a aposta do Concello pola conciliación familiar e por unha oferta de lecer educativo e deportivo durante os meses de verán. Abel Caballero, visitou este martes o campamento municipal de verán de Navia, que se desenvolve na casa parroquial de San Paio de Navia e no que participan 50 nenas e nenos de entre 4 e 13 anos. Durante dúas semanas, os participantes desfrutan dun amplo programa de actividades relacionadas co deporte, o lecer, os xogos e a convivencia. Caballero destacou que esta iniciativa forma parte da programación estival impulsada polo Concello, que este ano ofrece máis de 4.000 prazas para nenas e nenos vigueses nados entre 2009 e 2018. A oferta inclúe 15 campamentos distribuídos entre os meses de xuño, xullo e agosto, co obxectivo de favorecer a conciliación da vida familiar e laboral e proporcionar alternativas de ocio durante as vacacións escolares. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-07-14. O alcalde visita o campamento náutico de Bouzas do programa "Verán Xove"

Foto noticia
O alcalde saudou este martes ás 65 nenas e nenos que participan no campus municipal con deportes náuticos e xogos de praia que se celebra no pavillón de Bouzas. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-07-10. O rexedor destaca a importancia da práctica deportiva das nenas e nenos no verán

Foto noticia
O alcalde asistiu este venres no campo de Pahiño á clausura do XII Campus Alerta Navia de fútbol. Organizado polo Club Polideportivo Alertanavia, co lema "Vén xogar con nós\" , trátase dunha iniciativa integrada no programa Educa da Concellaría de Deportes. Neste edición participaron 150 nenos e nenas e 12 monitores. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-07-08. Caballero valora a "canteira de músicos fóra de serie" de Vigosónico

Foto noticia
O alcalde visitou este mércores as instalacións de Vigosónico e asistiu ás interpretacións protagonizadas polo alumnado que durante dúas semanas participa na segunda edición do Laboratorio de Creación Musical para a Mocidade. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-07-03. Kokoro desprega as expresións da cultura xaponesa en 10.000 metros do Instituto Feiral de Vigo

Foto noticia
Esta fin de semana, sábado 4 e domingo 5, Vigo acolle a cuarta edición do "Kokoro Japan Expo 2026" . Manga, anime, cosplay e gaming, conforman parte da oferta das dúas xornadas que este ano incorporan novidades como un espazo de 350 metros cadrados para a zona gamer. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-06-23. O Concello organiza este verán en Castrelos catro campamentos gratuítos para nenos de 5 a 12 anos

Foto noticia
O programa despregará unha oferta lúdica para aprender, crear, xogar e compartir experiencias. Participarán 20 nenos por actividade. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-06-05. A Casa da Xuventude acollerá os cursos "Talento joven" de formación para o emprego

Foto noticia
O Concello de Vigo e a Cámara de Comercio cooperan na iniciativa que facilita cursos de capacitación para a inserción laboral de mozas e mozos entre 16 e 29 anos que carecen de estudos e buscan emprego. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-06-01. Vigosónico lanza unha nova edición do Laboratorio de Creación Musical para a Mocidade

Foto noticia
O alcalde explicou que "é unha iniciativa dirixida a xente moza entre 13 e 25 anos" para ofrecer dez días de convivencia, aprendizaxe e creación musical con artistas e profesionais de referencia. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-05-28. O Concello e o Goberno de España ofertan 42 prazas en campamentos dixitais

Foto noticia
O Centro municipal de formación da Rúa Alta acollerá en xuño e xullo os campamentos gratuítos de educación dixital e creativa para nenas e nenos de entre 6 e 17 anos. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-05-25. As salas de ensaio de Vigosónico ocupadas ao 100% desde o mes de xaneiro

Foto noticia
Vigosónico, un proxecto "extraordinario", está a funcionar con gran "éxito" e unha ocupación do 100% no que vai de ano. O goberno local vén de adxudicar a xestión desta instalación de usos múltiples por importe de case 305.000 euros por dous exercicios. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

Cargando recomendaciones
 

Ayuntamiento de Vigo

Plaza del Rey 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100