Infancia

Espazos de Lecer Infantil

Qué é unha Espazos de Ocio e Tempo Libre

  • Son espazos lúdico-educativos que empregan o xogo e o xoguete para procurar o desenvolvemento integral das nenas e dos nenos.
  • Nestes espazos ofertámosche:
    • Gran cantidade e variedade de xoguetes e materiais lúdicos, axeitados ás idades e características dos e das rapaces e rapazas.
    • Un proxecto socio-educativo que é a base do noso traballo.
    • Un equipo de profesionais do ámbito social, educativo e do lecer.

Volver ao inicio

Qué se aprende co xogo

  • É un medio de socialización, expresión e comunicación, co que a nena ou o neno establece relacións cos seus iguais e aprende a aceptar puntos de vista diferentes.
  • Permítelle coñecerse así mesmo, aos demais e establecer vínculos afectivos.
  • Desenvolve as funcións psíquicas necesarias para aprendizaxes como a percepción sensorial, a linguaxe, a memoria, etc., así como a funcións físicas: correr, brincar, equilibrio e coordinación.
  • Estimula a superación persoal a partir da experimentación do éxito, que é a base dunha boa autoestima.
  • Axuda a interiorizar as normas e pautas de comportamento social, xa que se as nenas e nenos non respectan as normas de xogo que previamente son establecidas por eles, sanciónanse por eles mesmos.
  • É a base de toda actividade creativa, xa que promove a imaxinación.

Volver ao inicio

Qué servizos che ofertamos

  • Salas para gozar da túa música.
  • Libros, banda deseñada e prensa.
  • Xogos e obradoiros sobre o medio natural.
  • Xogos de mesa.
  • Xogos simbólicos e dramáticos.
  • Salas de manualidades e obradoiros.
  • Creación e construción de xoguetes.
  • Obradoiros de cociña.
  • Cine infantil.
  • Xogos de construción, quebracabezas, maquetas.
  • Xogos de exterior, xogos con material alternativo, xogos cooperativos, xogos predeportivos e deportes.

Volver ao inicio

Outros servizos

  • Colaboración con diferentes entidades e asociacións.
  • Asesoramento ás nais e pais.
  • Préstamo de xoguetes e libros.
  • Saídas e excursións.
  • Visitas culturais.

Volver ao inicio

Espazos de lecer infantís Municipais de Vigo

  • Obxecto dos Espazos de Ocio e Tempo Libre Municipais: dar resposta as demandas da cidadanía en relación cós servizos a infancia que recolle a Lei de os Servizos Sociais e o Decreto 354/ 2003.
  • Ideario e valores: Os Espazos de Ocio e Tempo Libre Municipais defínense coma un centro prestador de servizos socio-educativos e lúdicos á infancia e ás súas familias; de carácter público e universal, accesible, e identificado coa defensa, promoción e educación en valores de igualdade, solidariedade, liberdade, xustiza e paz, a través do xogo como elemento vehiculizador dos valores e da aprendizaxe humana.
  • Espazos de Ocio e Tempo Libre Municipais de Vigo:
  • Os Espazos de Ocio e Tempo Libre Municipais son gratuitos.

Volver ao inicio

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100