Escudo Concello de Vigo

Infancia

Ludoteca de Integración Hoxe por Mañá (Calvario)

  • Idades: de 4 a 10 anos.
  • Horario:
    • Setembro a Maio: de luns a venres de 17 a 20.00 horas.
    • Xuño: de luns a venres de 17:00 a 20:00 horas.
    • Xullo: de luns a venres de 9:30 a 13:30 horas.
  • Liñas de autobuses: C4A, C4B, L11.
  • Enderezo: Rúa Sagunto 86, Vigo
  • Teléfono: 986 261 098.
  • Fax: 986 261 229.
  • Web: www.hoypormanana.org
  • E-mail: LUDOHXM@terra.es

Esta ludoteca e un espazo de ocio e tempo libre para todos as nenas e nenos de 4 a 10 anos con e sen discapacidades. Está coordinada por tres monitoras.

O obxectivo principal é a integración dos nenos discapacitados cos que non o son. A identificación e valoración das necesidades especiais de coidado e control realizarase mediante:

  • A presentación por parte das nais, pais, titora ou titor dun informe de identificación e valoración de necesidades especiais de coidado e control, elaborado por un equipo de profesionais con distintas cualificacións.
  • Unha entrevista persoal cas nais e pais ou titores da nena ou o neno.
  • A atención das nenas ou nenos con necesidades especiais de coidado e control, levarase a cabo cando os recursos dispoñibles así o permitan ou sempre que sexa aconsellable.

Regulamento interno da Ludoteca de Integración

  • O aforo máximo da Ludoteca é de 24 prazas segundo a autorización da Concellería de Familia que se completarán por rigoroso orden de chegada.
  • Os titores deberán acompañar aos nenos ata a porta da Ludoteca e nunca deixalos no portal xa que o aforo podería estar completo.
  • A Ludoteca non se fará responsable dos nenos que non sexan acompañados ata a porta.
  • As familias están obrigadas a recoller os nenos nos dez minutos finais ao remate do servizo e que en todo caso é ás 20:00 horas. No caso de non suceder así, procedérase a localizar telefonicamente aos titores legais correspondentes para que recollan o menor.
  • O non respectar os horarios previstos, provocando distorsións periódicas no servizo, ou non recoller aos nenos nos horarios e situacións previstas, conlevará a suspensión do dereito ao desfrute do servizo da Ludoteca no prazo de 7 días. Se esta conduta se repetise poderá ser suspendido deste dereito durante un mes. A persistencia nesta conduta poderá ser sancionada coa inhabilitación para usar deste servizo.
  • Os nenos dispoñen dun máximo de 2 días á semana a elixir, para acudir ao centro, o cal non supón unha reserva formal da praza nin a obriga de asistencia. Este dato (os días elixidos) lles serve ás monitoras para programar as actividades máis axeitadas para cada grupo.
  • Este sistema de dous días máximo/semana respectarase tamén durante a época de vacacións escolares (Nadal, entroido, verán...)
  • Nos días de festa sinalados pola Ludoteca (magosto, Nadal, sanmain,...) tamén se respectará o aforo máximo; para asistir haberá que anotarse previamente nunha lista facilitada polas monitoras.
  • As prazas dos nenos e nenas da Asociación Hoxe por Mañá respectaranse dándolles prioridade ante os demais socios da Ludoteca, sempre previo aviso no teléfono 986 261 098.