Maiores

Parques

Os denominados "Parques biosaudables" defínense como espazos verdes situados nas cidades, compostos por diferentes equipos de ximnasia, que permiten manter a forma física e previr ou tratar diferentes doenzas ou lesións concretas. Están deseñados para a práctica de exercicio físico de adultos a partir de 40 anos e son especialmente recomendables para maiores de 60 porque lles permiten mellorar a mobilidade, aumentar a flexibilidade e tonificar a musculación de todo o corpo.

Nos Parques Biosaudables pode atopar diversos elementos para determinados tipos de exercicios, estes elementos corresponderían á seguinte clasificación:

  1. Equipos de Arrequecemento (estes equipos que corresponden a esta sección son para iniciar a actividade física):
    • Volante: potencia, desenvolve e mellora a musculatura dos ombreiros. Mellora a flexibilidade xeral das articulacións de ombreiros, bonecas, cóbados e clavículas.
    • A cintura: exercita a cintura e axuda a relaxar os músculos de cintura e costas, reforza a axilidade e a flexibilidade da zona lumbar.
    • O temón: reforza a musculatura de membros superiores así como a flexibilidade e axilidade das articulacións do ombreiro. Especialmente indicado para rehabilitacións de mobilidade de ombreiro.
  2. Equipos de coordinación de movementos:
    • Esquí de fondo: mellora a mobilidade dos membros superiores e inferiores e mellorar a flexibilidade das articulacións.
    • Patíns: mellora a mobilidade dos membros inferiores, achegando coordinación ao corpo e equilibrio, aumenta a capacidade cardíaca e pulmonar reforzando a musculatura de pernas e glúteos.
    • Surf: reforza a musculatura da cintura, mellora a flexibilidade e coordinación do corpo. Recomendado para persoas de todas as idades. Exercita a columna e a cadeira. (Está limitado para persoas con problemas articulares de costas ou de cadeira, deben consultar ao médico para usar este elemento).
    • As barras: para estiramentos de extremidades.
  3. Equipos de exercicios:
    • O ascensor: reforza e desenvolve a musculatura de membros superiores, peito e costas mellorando a capacidade cardio-pulmonar.
    • O pony: fortalece a musculatura de brazos, pernas, cintura, abdominal, costas e peito, permitindo un completo movemento das extremidades, mellora a capacidade cardio-pulmonar.
    • A randeeira: desenvolve e reforza as musculaturas de perna e de cintura, en concreto de cuadriceps, xemelgos, glúteos e músculos abdominais inferiores.
  4. Equipos de relaxación:
    • A masaxe: relaxa a tensión muscular de cadeira e costas. Axuda a mellorar a circulación e o sistema nervioso.

En Vigo ata o momento hai tres parques biosaudables, aínda que se prevé a creación doutros proximamente:

1. Praza do Emigrante (Travesas):

O xogo deportivo ten unha escaleira de dedos paralela, barra ondulada para brazos, manguito xiratorio para brazo, tubo de presión para pulsos, barras de torsión de cintura e chan de corda para extremidades inferiores e como elementos adicionais ten un rocker (para traballar cadeira), unha ponte ondulada (para bipedestación), bancos (para abdominais e respiracións), chanzos (para extremidades inferiores), barras altas (para estiramentos de brazos) e barras medias (para estiramento e extremidades).

2. Rúa Areal (cerca do Reitorado)

O circuíto biosaudable contén os seguintes elementos: o volante, os patíns, o surf, a masaxe, o ascensor, a cintura, o temón, a randeeira, o pony e o esquí de fondo.

3. Rúa Canario (Dobrada)

Este parque tamén ten un circuito con diferentes compoñentes: escaleira de dedos, pedales, manguito xiratorio, barras para estiramentos.

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100