Maiores

Avellentamento Activo

Segundo a Organización Mundial da Saúde (OMS) “O Envellecemento Activo é un proceso de optimización das oportunidades de saúde, participación e seguridade co fin de mellorar a calidade de vida, a medida que as persoas maiores envellecen”.

Para axudar as  persoas maiores a envellecer activamente o Departamento de Política de Benestar Social realizará talleres e actividades dende o "Programa de Avellentamento Activo".

Proxecto "Viaxa e Coñece"

Dentro do programa baseado no "Avellentamento activo", o Departamento de Política de Benestar  realiza o Proxecto "Viaxa e coñece" dirixido aos colectivos de persoas maiores empadroadas no Concello de Vigo.

Para levar a cabo este Proxecto o Concello porá a disposición dos colectivos o servizo dun autobús.

O Proxecto ten como obxectivo coñecer o patrimonio histórico, cultural e paisaxístico da Eurorexión, Galicia – Norte de Portugal.

Proxecto "Viaxes en barco pola Ría de Vigo".

A Concellería de Política de Benestar Social, no marco do "Programa Envellecemento Activo - Vigo, cidade amiga das persoas maiores", pon en marcha o servizo de rutas marítimas guiadas gratuitas pola Ría de Vigo, que pretende aumentar a oferta existente de alternativas de lecer e tempo libre para as persoas maiores que fomenten aínda máis a súa socialización e, ao mesmo tempo, o coñecemento do noso entorno a través da realización de rutas en barco poa Ría de Vigo, contribuindo a promover unha vida saudable, a prevención da dependenza e reducir a soedade non desexada.

Información da viaxe: Visita guiada de unha hora e media na que descubrirás os segredos submariños que esconde a ría de Vigo grazas a "Nemo", un dron submariño con cámara 4k, co que podrás ver en directo o sistema de cultivo do mexilón, a fauna e flora submariña e algúns dos barcos afundidos que descansan no fondo da Ría de Vigo meentres disfruta navegando entre as famosas bateas galegas.

Estas rutas en barco poa Ría de Vigo serán gratuitas para maiores de 65 anos, que poderán ir acompañadas da súa parella ou persoa de apoio (se é necesario), menor de 65 anos. As prazas para as viaxes asignaranse por orde de chegada das solicitudes, segundo os turnos libres no momento da solicitude.

Información sobre o calendario das viaxes e inscripcións, no teléfono de información municipal 010.

Máis información e solicitudes

Obradoiros para persoas maiores

Dende o Departamento de Política Social e segundo as bases do Programa "Avellentamento Activo", ao largo do ano convócanse varios obradoiros cuyo obxetivo é a prevención de dependencia.

Charlas informativas de Prevención para as persoas maiores

A Concellería de Política Social desenvolverá ao longo dos anos charlas informativas de prevención nas nos centros cívicos, asociacións, centros de maiores, e asociacións veciñais.

  • As charlas serán como máximo de hora e media de duración .
  • Impartidas por técnicos nas materias a desenvolver.
  • Serán charlas participativas.

Cada asociación ou centro deberá dispor dun aula apropiada, así como un cañón para a proxección.

Cada centro o asociación presentará una solicitude no Rexistro Xeral na que fará constar a charla das ofertadas, na que ten interés.

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100