Medio Ambiente

Praias

Servizo de socorrismo e servizo de asistencia sanitaria

O servizo de socorrismo préstase dende o 15 de xuño ata o 15 de setembro e o servizo de asistencia sanitaria dende o 1 de xullo ao 31 de agosto. Este último precisa que se poñan en contacto coa empresa para a organización do servizo.

Servizo de baño adaptado baixo demanda

  • Prestación: areais urbanos de Bandeira Azul de Canido, Fontaíña, Tombo do Gato, Santa Baia, Carril e A Punta.
  • Solicitude: a través do 010 con dous días de antelación.
  • Data: De luns a venres do 1 de xullo ao 31 de agosto
  • Horario: 12.30 a 19.30 h.
  • Funcionamento: préstase en praias urbanas de Bandeira Azul (excepto Fortiñón) que non dispoñan do servizo de forma permanente e se levará a cabo sempre que se cubra a demanda necesaria 2-3 persoas usuarias en horario de maña ou tarde. Os areais irán rotando de maneira que cada día sexa unha praia diferente e todas teñan as mesmas opcións de ofrecer o baño adaptado, segundo a orde a continuación.
    Calendario do servizo de baño adaptado

Vigo conta con gran variedade de praias ao longo da súa costa. A cidade dispón de 56 areais, desde os máis extensos como Samil e O Vao, até os máis recollidos en Saiáns e as praias paradisíacas das Illas Cíes.

Pode consultar a ubicación e características de cada praia nesta páxina, premendo na foto correspondente, ou a través deste mapa interactivo.

Lexislación

Praias

Fichas

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100