Medio Ambiente

Noticias de Medio Ambiente

Lista de noticias

Noticias

2026-08-18. O Concello realizou preto de 1.000 actuacións de limpeza en parcelas para previr incendios

Foto noticia
Abel Caballero destaca a intervención subsidiaria en 547 parcelas das faixas secundarias e outras 438 en solo urbano. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-08-10. VigoNature contará con novas actividades de educación ambiental durante os próximos dous anos

Foto noticia
O Concello adxudicou o programa de actividades educativas de VigoNature para os próximos dous anos, cun importe de 130.000 euros. A iniciativa dará continuidade á transformación do antigo zoolóxico nun espazo dedicado á divulgación, á sensibilización e ao lecer vinculado coa natureza. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-08-06. Vigo arranxará o paseo do Lagares ante a inacción da Xunta de Galicia

Foto noticia
O alcalde censurou a desidia do Goberno autonómico coa súas competencias na cidade, logo de que derive ao Concello a responsabilidade das obras na conca do Lagares. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-07-30. A praia da Fontaíña estrea unha nova pasarela de madeira

Foto noticia
Abel Caballero visitou esta mañá a renovada infraestrutura do areal da parroquia de Coruxo. O Concello de Vigo investiu 48.000 euros. "É ampla, segura e camíñase moi ben", destacou o rexedor. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-07-29. VigoNature programa 20 sesións divulgativas en agosto para observar de forma segura a eclipse solar

Foto noticia
O alcalde apuntou este mércores que, ao finalizar cada unha das actividades, os asistentes recibirán uns lentes homologados para contemplar o fenómeno astronómico. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-07-28. Vigo pon en marcha unha das potabilizadoras máis avanzadas do mundo

Foto noticia
O alcalde inaugurou oficialmente a nova Estación de Tratamento de Auga Potable do Casal, unha infraestrutura de vangarda na que o Concello investiu 23 millóns de euros. A planta incorpora tecnoloxía pioneira de ultrafiltración, reforza a seguridade do abastecemento para o próximo medio século e fornece auga a Vigo e a outros cinco municipios da súa contorna. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-07-27. O Pleno aproba de forma definitiva a Ordenanza de Baixas Emisións

Foto noticia
A nova norma, que saíu adiante coa oposición do PP e do BNG, facilitará o acceso, estacionamento e circulación dos vehículos nas catro zonas reguladas: o centro da cidade, a Praza de Portugal, Bouzas e O Calvario. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-07-14. O alcalde visita o campamento náutico de Bouzas do programa "Verán Xove"

Foto noticia
O alcalde saudou este martes ás 65 nenas e nenos que participan no campus municipal con deportes náuticos e xogos de praia que se celebra no pavillón de Bouzas. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-07-02. O Goberno local inicia a recuperación da Calzoa e O Vao tras a autorización da Xunta tres meses despois

Foto noticia
Abel Caballero lamenta o atraso da administración autonómica e anuncia o comezo inmediato das actuacións para restaurar os areais afectados polos temporais de febreiro. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-06-30. A bandeira azul xa ondea no novo paseo de Samil

Foto noticia
O alcalde achegouse ao acto de izado deste distinto medioambiental co que contan 12 praias de Vigo. "Somos a cidade de España con máis bandeiras azuis", declarou. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

Cargando recomendacións
 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100