Medio Ambiente

Noticias de Medio Ambiente

Lista de noticias

Noticias

2026-04-01. Vigo amplía a senda do Lagares coa apertura do renovado tramo do polígono de Miraflores

Foto noticia
O alcalde achegouse esta mañá á apertura do renovado tramo da senda fluvial do Lagares no polígono de Miraflores. Este treito conecta os dous tramos do río en Sárdoma logo dunha rehabilitación que garante a peóns e ciclistas transitar de forma segura. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-03-30. O Camiño a Camiño volve con rutas ambientais, hortas urbanas e voluntariado a partir de abril

Foto noticia
O Concello retoma a súa programación medioambiental despois de Semana cun calendario que inclúe nove rutas polos paisaxes de Vigo e os picos máis emblemáticos do sur de Pontevedra; a xestión de sete hortas urbanas e diversas accións de voluntariado para a conservación do entorno natural e o benestar animal. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-03-24. O Goberno municipal plantou desde 2007 máis de 35.000 árbores na cidade

Foto noticia
O Concello plantou máis de 35.000 árbores en Vigo desde 2007, segundo destacou hoxe o alcalde ante os alumnos do Escolas Nieto e do CEIP Fonte Escura con quen plantou un magnolio no parque de Barreiro con motivo da conmemoración do "Día da Árbore". (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-03-24. Comezan os traballos de acondicionamento das praias de Samil e O Vao para Semana Santa

Foto noticia
O operativo incluirá a retirada de residuos e a recolocación da area acumulada nos muros e escaleiras, trasladándoa cara á zona de explanada. Empregarase maquinaria especializada composta por dous tractores, unha pala retroexcavadora e unha motoniveladora, ademais da intervención de oito operarios que garantirán a eficacia dos traballos. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-03-17. O alpinista Alex Txikon abre o martes 24 o "V Ciclo de Montaña, Medio Ambiente e Cambio Climático"

Foto noticia
O escalador e alpinista Alex Txikon protagonizará o próximo martes 24 de marzo, no Auditorio Municipal, a primeira das tres conferencias programadas no "V Ciclo de de Montaña, Medio Ambiente e Cambio Climático", organizado entre o Concello de Vigo e o Club Peña Trevinca Montañeiros Galicia. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-03-16. Abre a inscrición para o campamento de Semana Santa no VigoNature

Foto noticia
Ábrese a inscrición para o campamento "Aventura na natureza en VigoNature" que contará con 50 prazas para nenos e nenas de entre 6 e 12 anos. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-03-12. Os quioscos das praias poderán abrir desde o 27 de marzo

Foto noticia
Con motivo do inicio da Semana Santa comeza a tempada para os 10 quioscos de praia en Vigo. Por primeira vez poderán facelo de forma ininterrompida ata o 31 de outubro. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-03-10. VigoNature acolle actividades divulgativas e de formación para observar con seguridade o eclipse solar do 12 de agosto

Foto noticia
O domingo 15 de marzo VigoNature acolle a primeira actividade do programa organizado polo Concello coa finalidade de preparar á cidadanía para observar con seguridade a eclipse total de sol que terá lugar o 12 de agosto. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-02-27. O Auditorio Municipal acollerá a finais de marzo o "V Ciclo de Montaña, Medio Ambiente e Cambio climático"

Foto noticia
O Auditorio Municipal acollerá os días 24, 25 e 26 de marzo as tres conferencias do "V Ciclo de de Montaña, Medio Ambiente e Cambio Climático" organizado entre o Concello de Vigo e o Club Peña Trevinca Montañeiros Galicia. A concelleira de Medio Ambiente, Nuria Rodríguez, anima a asistir a unhas das maiores conferencias ambientais que se van a desenvolver este ano Vigo. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-02-26. "VigoNature" reabre o 1 de marzo como zona de ocio e espazo medioambiental para escolares e familias

Foto noticia
O domingo 1 de marzo VigoNature reabre as súas portas iniciando unha nova etapa como zona de ocio e espazo mediambiental. Incorpora oferta de actividades divulgativas e prácticas tanto para escolares como para familias; ademais de renovar a oferta de campamentos de Semana Santa e de verán, para facilitar a conciliación. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

Cargando recomendaciones
 

Ayuntamiento de Vigo

Plaza del Rey 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100