Medio Ambiente
A Área de Educación Ambiental da Concellería de Medio Ambiente de Vigo arranca despois de Semana Santa a programación de primavera con percorridos medioambientais, hortas urbanas e voluntariado medioambiental.
Os percorridos medioambientais desta tempada teñen previsto facer un achegamento á paisaxe de Vigo e do sur de Pontevedra a través da visita aos principais miradoiros que coroan os cumios máis coñecidos nas distintas comarcas. Circularase por Vigo, Redondela, Porriño, Ponteareas, Tomiño, Gondomar, Baiona, O Rosal e A Cañiza.
As hortas urbanas, tanto no 1º nivel (iniciación) como no 2º nivel (profundización) iniciarán a tempada coa preparación dos semilleiros e dos bancais que están localizados nos espazos habilitados en Navia, Camelias, Pedro Alvarado, Fontáns, Ramón Nieto e Sardomela.
O voluntariado medioambiental seguirá desenvolvendo a súa laboura en espazos de especial interese ecolóxico, así como na conservación dos sendeiros locais e o acompañamento de cans do Refuxio municipal da Madroa.
Para todas as actividades tramítanse unicamente a través do servizo de atención telefónica do Concello de Vigo - 010 (móbil: 986 810 260), sendo o prazo de inscrición de luns a mércores, de 8 a 20 horas, da mesma semana da actividade. Para non empadroados habilítase o xoves.
No caso das rutas con achega, esta efectuarase segundo o procedemento indicado neste enlace. No caso das Visitas a Cíes e Acampadas familiares en Cíes a inscrición realízase segundo o establecido na programación.
De non efectuar o pago nos prazos marcados, perderase a praza e chamarase á lista de agarda.
Para axilizar ao máximo o tempo de chamada, é preciso ter a man os datos que as operadoras rexistran no proceso (Nome e apelidos, NIF, teléfono de contacto e idade); ademais é importante comentarlle á operadora calquera incidente que poida ser relevante para os monitores, guías e socorristas (alerxias, discapacidades que afecten á práctica de exercicio físico, lesións, etc).
Para participar percorridos medioambientais, a organización poderá solicitar en calquera momento do DNI para identificar aos participantes segundo a información proporcionada polo 010.
Os percorridos medioambientais promovidos pola Concellería de Medio Ambiente de Vigo durante esta tempada teñen previsto facer un achegamento á paisaxe de Vigo e do sur de Pontevedra a través da visita aos principais miradoiros que coroan os cumios máis coñecidos nas distintas comarcas.
Empezarase a serie en Vigo (O Maruxento, Maúxo Grande e Alto da Bandeira) o domingo 12 de abril para durante o resto do mes de abril visitar o primeiro anel que conforman dous percorridos: un en Redondela (Fenteira e Coto de Aguia) e outro entre Porriño (Faro Budiño) e Ponteareas (San Cibrao).
En maio abordarase un segundo anel que abrangue outros dous percorridos: primeiro en Tomiño (Monte Tetón) e Gondomar (Alto de San Antoniño) e logo en Baiona (Alto da Groba) e. Para rematar nas dúas seguintes etapas de maio achegarémonos ao extremo suroeste da provincia, en O Rosal (Niño do Corvo) , e ao sureste en A Cañiza (Alto da Paradanta).
O 31 de maio terá lugar a clásica Andaina polos montes de Vigo, e xa vai a undécima edición. Nesta edición tomará como base o Parque Forestal de Zamáns e transitará polos montes de Zamáns, e na versión longa nos montes de Beade e de Bembrive.
Por último, o sábado 6 de xuño realizarase unha ruta nocturna nos montes de Valladares, entre o Monte Cepudo e Monte dos Pozos, cunha panorámica en redondo de Vigo.
Máis información en la web Vigonature / Participación ambiental
Horta-escola de Sardomela (a carón do Colexio Sello - Cabral): Martes 10-13h e venres 16-19h.
Requisitos para participar nas hortas-escola da relación anterior: ter Curso básico de hortas urbana e ter concedido praza previa solicitude nos cursos. Gratuíto
Máis información en la web Vigonature / Participación ambiental
Programa de participación cidadá promovido pola Concellería de Medio Ambiente en colaboración coa Oficina Municipal de Voluntariado e dirixido a apoiar a xestión de necesidades medioambientais competencia do Concello de Vigo.
Para poder participar no Voluntariado medioambiental de Camiño a Camiño cómpre ser maior de idade, estar empadroado/a en Vigo e facer o acordo de colaboración de cara a cumprir cos requirimentos da lei de voluntariado de Galicia. Para tal fin, nas actividades de voluntariado pódese cumprimentar, trasladando os citados acordos para o seu trámite á Oficina Municipal de Voluntariado.
Voluntariado urbano
Voluntariado de acompañamento de cans
Voluntariado de sendeiros
Máis información en la web Vigonature / Participación ambiental
Espazo de información dos programas de Educación ambiental.
Información das rutas: Nos días previos ao inicio da inscrición poderás atopar información das rutas da seguinte fin de semana, así como un resume do que aconteceu no anterior. Tamén poderás descargar fotografías e información de interese.
Voluntariado Camiño a Camiño: colocarase a programación prevista así como as convocatorias puntuais que se realicen.
Ademais, no correo info@caminoacaminovigo.org poderás deixar os teus comentarios ou aportacións ao blog.
Máis información en la web Vigonature / Participación ambiental
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100