Limpeza

Reciclaxe

Beneficios da Reciclaxe

Todos debemos contribuír, como consumidores, á reciclaxe dos materiais que integran a nosa vida diaria. Preservar as materias primas e manter o equilibrio da natureza é unha obrigación que temos que asumir para gozar da contorna.

O esforzo realizado por todas e todos, á hora de colaborar eficazmente coa recollida selectiva xera multitude de beneficios tanto económicos como ambientais.

Grazas á túa colaboración é posible que os envases póidanse reciclar e así contribúas a darlles unha segunda vida evitando que terminen nun vertedoiro.

Reciclar significa:

  • Aforrar auga e enerxía.
  • Salvar árbores.
  • Evitar a emisión de sustancias contaminantes ao aire que respiramos.
  • Darlle unha nova oportunidade ao futuro da nosa cidade.

En Vigo reciclamos:

  • Envases de plástico, bricks e latas, que depositamos nos colectores de cor amarela.
  • Vidro, que depositamos en colectores tipo iglú de cor verde.
  • Papel e cartón, que depositamos en colectores de cor azul.
  • Pilas usadas, que depositamos en colectores de cor amarela, tipo papeleira, situados nos illotes de reciclaxe. Tamén en colectores de sobremesa distribuídos en centros públicos e establecementos comerciais.
  • Aceite, que depositamos nos colectores grises situados en comunidades veciñais e outros puntos de recollida.

En Vigo dispomos de colectores nos que podes depositar distintos residuos:

  • Colector amarelo: nel deberás depositar SÓ envases de tres tipos:
    • latas e envases metálicos.
    • envases de plástico.
    • envases tipo brick.
  • Colector azul: para depositar papel e cartón.
  • Iglú verde: este colector está destinado só a envases de vidro.

Ademais doutros específicos para outros residuos, que non sendo reciclables, é importante depositar no lugar apropiado (colector,

Asistente Intelixente de Reciclaxe A.I.R.-e

Ecoembes pon a disposición dos cidadáns o seu Asistente Intelixente de Reciclaxe A.I.R.-e, que responde as dúbidas sobre reciclaxe sobre a que contenedor vai cada residuo.

Ideas baseadas na redución, reutilización e consumo responsable

  • Utiliza o papel polas dúas caras, incluídas as fotocopias.
  • Usa papel reciclado.
  • Evita comprar produtos de usar e tirar (vasos, pratos, servilletas, ...).
  • Non consumas produtos que teñan sobreempaquetado.
  • Reutiliza as bolsas de plástico da compra, e utiliza só as estríctamente necesarias.
  • Compra produtos en recipientes grandes no canto de varias veces en recipientes pequenos, reduce a cantidade de residuos xerados.
  • Utiliza pilas recargables.

Recorda: O mellor xeito de ter cada vez menos residuos é diminuír a súa xeración, fomentando a redución e reutilización.

Non é o mesmo papel ecolóxico que papel reciclado. O papel ecolóxico é o que se elabora sen utilizar cloro no proceso de decoloración da pasta (de feito, pode obterse papel ecolóxico a partir de papel reciclado), mentres que o papel reciclado é o obtido a partir de papel vello ou residual, sempre que conteña, como mínimo, un 90 % do seu peso en fibras de recuperación.

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100