Emprego Local

Trámites de Emprego

Lista de trámites

Axudas Municipais á Contratación 2026

Convocatoria de subvencións para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, do programa de ”Axudas Municipais á Contratación” no marco da actuación municipal para o ano 2026 que se integran na liña 2.6. Atención aos colectivos e as súas necesidades sociais: emprendedores/as do Plan Estratéxico de Subvencións (PES) aprobado pola Xunta de Goberno Local na súa sesión ordinaria do 21.04.2026; ao seu efecto, ten por obxecto servir de estímulo ao empresariado para a contratación, favorecer a mellora das condicións e o emprego estable e de calidade das persoas traballadoras do municipio de Vigo, a través dos seguintes programas de axudas:

A) Programa Indefinidos: comprende a transformación a indefinido do contrato previo formalizado, e de ser o caso as súas prórrogas, en calquera das modalidades contractuais vixentes no período comprendido desde ó 1 de xullo de 2025 ao 30 de xuño de 2026 realizado á persoa traballadora pola que se solicita a axuda.

O contrato indefinido terá unha xornada laboral superior ou igual ao 50% da xornada laboral semanal establecida no convenio colectivo de aplicación e será superior ou igual ao contrato temporal do que deriva.

A persoa traballadora pola que se solicita esta axuda estará empadroada no municipio de Vigo antes do 1 de xaneiro de 2025 e prestará servizos no mesmo.

B) Programa Contratacións: Comprende a contratación indefinida de persoas traballadoras desempregadas inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego, empadroadas no municipio de Vigo, para prestar servizos no mesmo, no período comprendido entre ó 1 de xullo de 2025 e ó 30 de xuño de 2026.

O contrato subscrito terá unha xornada laboral superior ou igual ao 50% da xornada laboral semanal establecida no convenio colectivo de aplicación.

A persoa traballadora pola que se solicita esta axuda resultará seleccionada entre as candidaturas remitidas desde a unidade de Desenvolvemento Local e Emprego do Concello de Vigo e/ou desde o Servizo Público de Emprego de Galicia para o que previamente se remitirá a correspondente oferta de emprego. No caso de falta de candidaturas co perfil requirido admitirase á empresa solicitante a contratación dunha persoa traballadora que resulte do seu proceso de selección e reúna os requisitos desta convocatoria.

Quedan excluídas as contratacións indefinidas iniciais que se realicen con persoas traballadoras que nos 6 meses anteriores á data da contratación prestasen servizos na mesma empresa ou grupo de empresas mediante un contrato de carácter indefinido, ou nos últimos 3 meses mediante un contrato de carácter temporal. O disposto neste parágrafo será tamén de aplicación nos casos de sucesión de empresas previsto no art. 44 do RDL 2/2015, do 23 de outubro.

A persoa traballadora pola que se solicita esta axuda estará empadroada no municipio de Vigo antes do 1 de xaneiro de 2025 e prestará servizos no municipio.

C) Programa Mellora: Comprende a axuda para a mellora da estabilidade laboral no período comprendido entre ó 1 de xullo de 2025 e ó 30 de xuño de 2026, a través das seguintes opcións:

- o incremento de xornada laboral do contrato formalizado de tempo parcial a tempo completo segundo estableza o correspondente convenio colectivo de aplicación.

- o incremento da duración anual do contrato fixo-descontinuo a un mínimo de 9 meses a xornada completa.

- a transformación do contrato indefinido fixo descontinuo nun contrato indefinido a xornada completa.

A persoa traballadora pola que se solicita esta axuda estará empadroada no municipio de Vigo antes do 1 de xaneiro de 2025 e prestará servizos no municipio.

Axudas Municipais á Creación de Empresas 2023

Convocatoria de subvencións para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva de axudas económicas ás empresas de nova creación constituídas legalmente como tales coa finalidade de colaborar dunha forma activa na xeración de emprego no municipio apoiando a posta en marcha de novos proxectos empresariais.

A finalidade destas axudas é subvencionar parte dos gastos da posta en marcha e do funcionamento da empresa durante os primeiros meses de actividade así como, de ser o caso, favorecer ás empresas segundo a situación social e/ou colectivo ao que pertenzan e acredite cada persoa promotora que cree o seu posto de traballo.

A contía máxima da axuda por todos os conceptos a subvencionar será de 3.000,00€ para a beneficiaria e non excederá da contía total do investimento inicial realizado.

Subvencionarase o 50% dos gastos correspondentes aos tres meses anteriores e aos catro meses posteriores ao inicio da actividade empresarial, agás os gastos de constitución e apertura, que poderán corresponder ao período comprendido dende os seis meses antes do inicio da actividade ata a data límite de presentación das solicitudes: Gastos de constitución e apertura, Existencias iniciais de mercadorías, Gastos de alugueiro, Primas de seguros, Gastos da actividade e Dereitos de propiedade industrial.

Se a contía resultante dos gastos da posta en marcha e funcionamento resulta inferior á contía máxima de axuda de 3.000,00€ poderase incrementar segundo a situación social que acredite cada persoa promotora que cree o seu posto de traballo sempre que non exceda da contía total do investimento inicial subvencionable realizado e da contía máxima a subvencionar para cada empresa solicitante desta axuda.

Este incremento será acumulativo, considerando cada situación que resulte acreditada coa documentación presentada coa solicitude.

Se o montante total das solicitudes debidamente presentadas superase o orzamento previsto a Comisión de Valoración realizará proposta de resolución conforme aos criterios de avaliación. Para isto as solicitudes ordenaranse en forma descendente segundo a puntuación obtida tras a aplicación dos criterios de avaliación, sendo o importe a subvencionar o calculado, para cada solicitante, segundo o previsto nas bases reguladoras, ata esgotar a cantidade máxima autorizada.

Servizo de Orientación Laboral (SOL)

Mediante este servizo accédese, mediante cita previa , ao dispositivo municipal que facilita información, apoio e asesoramento nos procesos de busca de emprego das persoas desempregadas de Vigo.

Subvencións para o fomento do emprego en entidades sen ánimo de lucro 2026

Esta convocatoria de subvencións ten por obxecto apoiar ás entidades asociativas no desenvolvemento dos seus proxectos para o fomento da inserción laboral e o Fomento da creación e consolidación do emprego estable e de calidade no municipio, ten por obxecto a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas económicas ás entidades sen ánimo de lucro que operan no movemento veciñal, social, sindical, deportivo, empresarial e das comunidades de montes, constituídas legalmente como tales entidades sen ánimo de lucro, para actividades de fomento do emprego entre os veciños e veciñas de Vigo, realizadas ou pendentes de levar a cabo, dende o 1 de agosto de 2025 ata o 31 de agosto de 2026. Estas axudas están dirixidas a fomentar o emprego en colaboración coas entidades sen ánimo de lucro e o fomento da estabilidade laboral do persoal contratado ou transformado en fixos ou fixos descontinuos nas últimas dúas convocatorias, co fin de reforzar a súa capacidade de autoorganización e posibilitar o fortalecemento do tecido social e a promoción da calidade de vida e benestar social da cidadanía.

Cargando recomendacións
 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100