Emprego Local

Noticias de Emprego

Lista de noticias

Noticias

2026-04-13. O alcalde felicita a Freire, que celebra a botadura do seu primeiro buque para a Armada

Foto noticia
As instalacións de Freire Shipyard acolleron este luns a cerimonia de botadura do buque "A22 Proserpina", destinado á Armada española e que servirá como apoio á Escola Militar de buceo para realizar operacións complexas de intervención subacuática. O acto contou coa presenza de Antonio Piñeiro Sánchez, xefe do Estado Maior da Armada; Marcos Freire, director xeral de Freire e Pedro Blanco, delegado do Goberno en Galicia. Abel Caballero celebrou este fito do "gran estaleiro" que con máis dun século de historia situado "no corazón da cidade" foi quen de "avanzar na forma de entender a construción naval e foi capaz de innovar en tecnoloxía\". (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-04-09. O goberno local executará unha transformación integral do Mercado de Teis

Foto noticia
O Concello acometerá unha reforma integral do Mercado de Teis, anunciou esta mañá Abel Caballero. Cun orzamento de 1,8 millóns e un prazo de execución de sete meses, o goberno local aprobará mañá o proxecto básico e de execución. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-04-08. O XVIII Galiexpo Motorshow sitúa a Vigo como unha das grandes capitais do sector

Foto noticia
Abel Caballero, David Regades e a organización avanzaron as novidades desta edición, que se celebra no IFEVI do 24 ao 26 de abril, co obxectivo de superar os 25.000 espectadores e como único salón de motorshow da península. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-02-06. Concello e Cámara de Comercio colaboran na organización de cursos de formación xuvenil

Foto noticia
O alcalde anunciou que o Concello colaborará coa Cámara de Comercio na organización de actividades formativas para a mocidade que se desenvolverán na Casa da Xuventude, un espazo municipal que o Goberno municipal reformou en 2025 cun custo de case 100.000 euros. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-01-27. O alcalde valora "a gran alianza" entre Zona Franca e Asime para a aceleradora de Seguridade e Defensa

Foto noticia
Abel Caballero participou este martes na sinatura do convenio entre Zona Franca e Asime para poñer en marcha a primeira Aceleradora de Innovación, Desenvolvemento de Negocio e Internacionalización en materia de Seguridade e Defensa, que será única en Europa. O acto foi clausurado pola secretaria de Estado de Defensa, Amparo Valcarce. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2025-11-25. O Concello premia catro proxectos empresariais no marco de VigoEmprende

Foto noticia
Abel Caballero participa este martes na II Gala de Premios VigoEmprende, o programa municipal de axuda e acompañamento a novos negocios ou empresas xa existentes de forma gratuíta. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2025-11-24. O alcalde rexeita a actuación da Xunta na valoración do IFEVI e esixe unha taxación independente

Foto noticia
Abel Caballero lamenta o engano da Xunta ao Concello na primeira valoración dos activos, onde o conselleiro de Emprego e Comercio atribuíu unha achega de 1,7 millóns do Concello e 31,4 millóns do goberno autonómico. Agora, sete meses despois, a Xunta volve facer unha taxación unilateral na que modifica estas cantidades e suma 13,2 millóns máis ao Concello e resta 11 millóns á Xunta. Caballero avanza que o Concello pedirá na xuntanza do Padroado un taxador neutral e acordado. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2025-11-20. Caballero destaca o valor da formación dos 75 participantes no programa municipal "Vigo Emprega"

Foto noticia
Abel Caballero saudou este xoves ás 75 persoas que ata xullo de 2026 se forman, dentro do programa municipal "Vigo Emprega", en construccción, albanelería, electricidade, condución, pintura, carpintería de aluminio, carpintería de madeira, construción e xardinería, e que realizan obras de interese do Concello. "En Vigo necesitamos profesionais con formación e esta é unha magnífica ocasión para incorporarse ao traballo" , afirmou Abel Caballero dirixíndose aos profesionais en formación. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2025-10-21. O rexedor felicita a Empresarias Galicia por promover o recoñecemento do talento feminino

Foto noticia
Abel Caballero eloxiou esta mañá o traballo de Empresarias Galicia durante o IX Congreso Acción e Implicación. Durante a súa intervención, trasladou o orgullo da cidade por contar con eventos que promoven a visibilización do talento feminino e reiterou que Vigo é un exemplo de emprendemento para o resto do mundo. Entre as ponentes do congreso figuran a atleta paralímica Desirée Vila; a produtora de Vacafilms, Enma Lustres, ou directivas de firmas como Fujitsu, CLUN ou IKEA. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2025-10-13. O rexedor participa na clausura do programa de emprego de garantía xuvenil

Foto noticia
Abel Caballero e Carmela Silva asistiron este luns á entrega de diplomas ao alumnado do programa de emprego de garantía xuvenil que se desenvolveu na cidade. Orientados a persoas desempregadas con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos de idade, os obradoiros naceron co obxectivo de mellorar a empregabilidade deste colectivo a través da adquisición de competencias para o emprego e experiencia profesional, realizando obras ou prestando servizos de interese xeral. As persoas participantes acadaron os certificados de profesionalidade na área de Deseño gráfico e multimedia e na de Xestión e dinamización de empresas. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

Cargando recomendacións
 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100