Empleo Local

Noticias de Empleo

Lista de noticias

Noticias

2025-11-25. O Concello premia catro proxectos empresariais no marco de VigoEmprende

Foto noticia
Abel Caballero participa este martes na II Gala de Premios VigoEmprende, o programa municipal de axuda e acompañamento a novos negocios ou empresas xa existentes de forma gratuíta. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2025-11-24. O alcalde rexeita a actuación da Xunta na valoración do IFEVI e esixe unha taxación independente

Foto noticia
Abel Caballero lamenta o engano da Xunta ao Concello na primeira valoración dos activos, onde o conselleiro de Emprego e Comercio atribuíu unha achega de 1,7 millóns do Concello e 31,4 millóns do goberno autonómico. Agora, sete meses despois, a Xunta volve facer unha taxación unilateral na que modifica estas cantidades e suma 13,2 millóns máis ao Concello e resta 11 millóns á Xunta. Caballero avanza que o Concello pedirá na xuntanza do Padroado un taxador neutral e acordado. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2025-11-20. Caballero destaca o valor da formación dos 75 participantes no programa municipal "Vigo Emprega"

Foto noticia
Abel Caballero saudou este xoves ás 75 persoas que ata xullo de 2026 se forman, dentro do programa municipal "Vigo Emprega", en construccción, albanelería, electricidade, condución, pintura, carpintería de aluminio, carpintería de madeira, construción e xardinería, e que realizan obras de interese do Concello. "En Vigo necesitamos profesionais con formación e esta é unha magnífica ocasión para incorporarse ao traballo" , afirmou Abel Caballero dirixíndose aos profesionais en formación. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2025-10-21. O rexedor felicita a Empresarias Galicia por promover o recoñecemento do talento feminino

Foto noticia
Abel Caballero eloxiou esta mañá o traballo de Empresarias Galicia durante o IX Congreso Acción e Implicación. Durante a súa intervención, trasladou o orgullo da cidade por contar con eventos que promoven a visibilización do talento feminino e reiterou que Vigo é un exemplo de emprendemento para o resto do mundo. Entre as ponentes do congreso figuran a atleta paralímica Desirée Vila; a produtora de Vacafilms, Enma Lustres, ou directivas de firmas como Fujitsu, CLUN ou IKEA. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2025-10-13. O rexedor participa na clausura do programa de emprego de garantía xuvenil

Foto noticia
Abel Caballero e Carmela Silva asistiron este luns á entrega de diplomas ao alumnado do programa de emprego de garantía xuvenil que se desenvolveu na cidade. Orientados a persoas desempregadas con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos de idade, os obradoiros naceron co obxectivo de mellorar a empregabilidade deste colectivo a través da adquisición de competencias para o emprego e experiencia profesional, realizando obras ou prestando servizos de interese xeral. As persoas participantes acadaron os certificados de profesionalidade na área de Deseño gráfico e multimedia e na de Xestión e dinamización de empresas. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2025-09-26. O goberno municipal dedica 1.430.000 euros a favorecer o emprego

Foto noticia
Caballero cifrou en 256 as persoas beneficiadas das políticas de emprego local. 84 delas foron contratadas ou melloraron a súa situación laboral mentres que 172 traballadores e traballadoras formarán parte do cadro de persoal de entidades sen ánimo de lucro de Vigo. A Xunta de Goberno tamén aprobou subvencións a clubs que fomenten o deporte feminino. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2025-08-25. O Concello asesorou a máis de 200 empresas co programa Vigo Emprende

Foto noticia
Abel Caballero debullou os datos do programa de asesoramento a emprendedores do último ano no que se rexistraron máis de 900 asistencias personalizadas. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2025-07-24. O Goberno destina 241.000 euros á xestión do Centro de Emerxencia para Mulleres

Foto noticia
A Xunta de Goberno aprobou tamén este xoves as bases da convocatoria das subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, das feiras que fomentan a contratación de traballadores. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2025-07-22. Vigo dedica 146.000 euros ao asesoramento a pequenas e medianas empresas

Foto noticia
O Goberno Municipal renovou por un ano o servizo de asesoramento a pequenas e medianas empresas da cidade. Expertos, cunha experiencia de ata 6 anos, apoian aos emprendedores no desenvolvemento dos seus proxectos empresariais. O contrato ascende a 146.383 euros. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2025-06-13. O Plan Municipal de Emprego convoca 75 postos cun orzamento de 1.375.000 euros

Foto noticia
A Xunta de Goberno de Vigo aprobou hoxe a convocatoria para cubrir os 75 postos da oferta de traballo do "Plan Municipal de Emprego" de 2025, que ten un presuposto de 1.375.000 euros. "Un plan que durante nove meses permitirá dar capacitación profesional a 75 persoas para que continúen a súa vida laboral en empresas a través da súa propia iniciativa", destacou Abel Caballero. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

Cargando recomendaciones
 

Ayuntamiento de Vigo

Plaza del Rey 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100