Educación

Noticias de Educacion

Lista de noticias

Noticias

2026-02-24. Vigo, a cidade con máis nivel de inglés de toda España

Foto noticia
O alcalde acudiu á entrega de diplomas do programa "Vigo en Inglés\" para o alumnado que viaxou becado polo Concello a Reino Unido e Irlanda onde celebrou coa mocidade o seu desenvolvemento na lingua e cultura inglesa. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-02-23. A Corporación esixe máis recursos humanos especializados nos centros educativos da cidade

Foto noticia
A maioría da Corporación validou unha moción socialista que advirte de atrasos na incorporación de docentes o que prexudica ao alumnado con necesidades educativas especiais. O texto contou co apoio do PSOE e do BNG. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-02-19. O Concello afronta a reparación urxente das fochancas xeradas polos temporais

Foto noticia
O Concello activa un plan especial especial para a reparación urxente das fochancas das calzadas que están deterioradas como consecuencia dos temporais que se suceden desde hai dous meses. "Estamos xa atendendo os casos máis urxentes e importantes", avanzou este xoves o alcalde ao apuntar que as obras se realizarán coa máxima velocidade. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-02-17. A humanización da rúa Lepanto finalizará en dous meses

Foto noticia
O alcalde abordou este martes o progreso da obra de humanización \"de alto nivel" que o goberno municipal está acometendo na céntrica vía, que ten un orzamento superior ao millón de euros. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-02-12. O 23 de febreiro abre o prazo de solicitude das becas do Concello "Vigo en Inglés\"

Foto noticia
Abel Caballero anunciou que mañá o Concello aprobará as bases da convocatoria das bolsas "Vigo en Inglés\" para o ano 2026, cun orzamento total de 3 millóns de euros. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-02-11. O Concello e a Universidade de Vigo compilan a toponimia de Matamá

Foto noticia
"Toponimia do Val de Fragoso ? Matamá\" é o décimo volume da colección que editan ámbalas institucións recollendo os nomes dos lugares das diferentes parroquias co fin de preservar ese patrimonio inmaterial, sinal da nosa identidade. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-02-10. Vigo celebra o "Día da Muller e a Nena na Ciencia" con actividades divulgativas no MARCO

Foto noticia
O alcalde alentou este martes aos 189 alumnos de sete colexios de Vigo que participan nas actividades organizadas no Museo MARCO con motivo do "Día da Muller e a Nena na Ciencia" a elixir a carreira ou estudos de formación profesional que desexen, "sen descartar nada a priori" e no caso das estudantes a "non descartar" formarse en coñecementos teconolóxicos ou de ciencias. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-02-10. O alcalde anima a participar no XXVI Foro Tecnolóxico de Emprego organizado coa Uvigo

Foto noticia
As facultades de Enxeñería Industrial e de Minas acollerán os próximos días 24 e 25 de febreiro a vixésimo sexta edición do "Foro Tecnolóxico de Emprego" organizado pola Universidade de Vigo e o Concello para fomentar a relación entre estudantes e empresas. O alcalde e varios estudantes que están na organización do foro animaron hoxe ao alumnado a participar nas actividades previstas, entre as que destacan entrevistas rápidas, "speed-recruting", entre empresas e a mocidade. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-02-10. O goberno local investirá 400.000 euros na mellora dos accesos de 4 centros educativos

Foto noticia
O alcalde deu conta esta mañá do avance de varias actuacións en diferentes centros educativos da cidade. Concretamente abordaranse traballos en catro colexios cun orzamento de 400.000 euros. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-02-05. O Concello reclamará á Xunta o custo da renovación da cuberta do Celso Emilio Ferreiro

Foto noticia
A Xunta de Goberno aprobará mañá reclamar á Xunta o pago do custo da execución das obras de substitución da cuberta do CEIP Celso Emilio Ferreiro. Caballero lembrou que o Concello acometeu con carácter de urxencia estes traballos o pasado verán para salvagardar a seguridade do alumnado. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

Cargando recomendacións
 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100