Educación

Noticias de Educacion

Lista de noticias

Noticias

2026-04-29. O alcalde destaca a importancia de potenciar os vínculos europeos ante os erasmus do IES Santo Tomé de Freixeiro

Foto noticia
O alcalde saudou este mércores ás 35 alumnas e alumnos e ás 3 profesoras e profesores que participan no Erasmus+ Francia que desenvolve o IES Santo Tomé de Freixeiro. Destacou a importancia de fortalecer e potenciar os vínculos entre a cidadanía europea, así como de promocionar o coñecemento da cultura do países comunitarios. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-04-29. Abel Caballero felicita ao colexio García Barbón polo seu "Coro das emocións\"

Foto noticia
O alcalde asistiu á actuación do "Coro das emocións\" organizado polo CEIP Plurilingüe García Barbón no Auditorio Municipal, unha iniciativa enmarcada no programa de educación responsable que o centro desenvolve desde hai tres anos. Caballero destacou o valor deste tipo de proxectos que, a través do canto coral, contribúen a fortalecer as competencias emocionais, sociais e creativas dos nenos e nenas. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-04-27. A Corporación insta á Xunta a abrir o novo instituto de Navia no curso 2028-2029

Foto noticia
A Corporación municipal de Vigo acordou na sesión ordinaria deste luns urxir á Consellería de Educación a convocar en 2027 as prazas do profesorado do instituto Domingo Villar para que o cadro docente estea completo no inicio da actividade do novo centro en 2028. A iniciativa saíu adiante cos votos a favor dos concelleiros do PSOE e do BNG e a oposición do grupo municipal do PP. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-04-20. O alcalde recibe a alumnado do IES Ricardo Mella que participa nun intercambio cun centro italiano

Foto noticia
Abel Caballero saudou este luns a alumnado e profesorado do IES Ricardo Mella que participa nun programa educativo de intercambio na área do turismo sostible cun centro educativo de Turín. O rexedor deu a benvida á cidade aos estudantes italianos que están sendo guiados polos estudantes vigueses que lles dan a coñecer os puntos de interese de Vigo achegándoos ao patrimonio cultural, arquitectónico e paisaxístico. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-04-15. Máis de 500 escolares gozan do espectáculo "Ecoralia, a lambona ecolóxica"

Foto noticia
O alcalde saudou este mércores aos máis de 500 alumnas e alumnos de trece centros educativos da cidade, que asistiron no Auditorio Municipal ao espectáculo "Ecoralia, a lambona ecolóxica", unha xornada organizada polo Concello dentro da programación de normalización lingüística. A través de cancións e narracións a ritmo de rock coa súa guitarra, Pakolas achegoulles a historia da maga Ecoralia, que aborda a importancia do consumo ecolóxico para coidar o medio ambiente, combater o cambio climático e garantir o benestar animal. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-04-15. Vigo inicia a construción da nova biblioteca municipal de Teis

Foto noticia
O alcalde participou no acto simbólico de colocación da primeira pedra, onde destacou os 86 postos de lectura e o seu deseño para ser referente arquitectónico e cultural no barrio vigués. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-03-24. Abel Caballero recibiu a alumnado Erasmus+ do IES Coruxo nun encontro institucional no Concello

Foto noticia
O alcalde recibiu no Concello a alumnado e profesorado participante nun proxecto Erasmus+ do IES Coruxo, do que forman parte estudantes procedentes de Francia, Portugal e Italia xunto ao alumnado vigués. Durante o encontro, o rexedor deu a benvida á cidade aos participantes e puxo en valor a importancia deste tipo de iniciativas para promover o intercambio cultural, a mobilidade educativa e a conciencia ambiental, nun proxecto centrado na sustentabilidade do patrimonio mariño e costeiro. Caballero destacou ademais o papel de Vigo como cidade aberta e comprometida coa educación e co medio ambiente. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-03-23. O rexedor chama "a sentirse orgullososo dos antepasados de Vigo" na celebración da Reconquistiña

Foto noticia
A Porta do Sol de volveu encherse este luns coa enerxía da Reconquista, coa presenza de 2.200 escolares de máis de 50 centros educativos de Vigo que participaron na Reconquistiña. O alcalde animou á mocidade a sentirse "orgullosa" dos antepasados que en 1809 se enfrontaron ás tropas napoleónicas para liberar a cidade. Lembrou que a nova causa é conseguir que Vigo sexa sede do Mundial en 2030 "porque temos dereito, porque o gañamos". (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-03-20. As obras de cubrición do patio do colexio Celso Emilio Ferreiro arrancarán a partir de xuño

Foto noticia
A Xunta de Goberno aprobou a licitación dos traballos que permitirán cubrir o espazo de xogos e deportivo deste centro educativo situado en Coia. As obras alcanzan case os 750.000 euros e comezarán unha vez rematado o período lectivo. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-03-13. Caballero respalda o proxecto da Universidade de Vigo de contar cunha nova residencia para estudantes

Foto noticia
Abel Caballero informou hoxe ao reitor Manuel Reigosa de que se reunirá co Goberno para trasladar o seu apoio á proposta da Universidade de Vigo de construír unha nova residencia de estudantes dentro do novo plan do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades de implementar novos equipamentos habitacionales en distintas universidades. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

Cargando recomendaciones
 

Ayuntamiento de Vigo

Plaza del Rey 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100