Persoas con discapacidade
Para poder acceder aos beneficios e recursos que os diferentes organismos proporcionan para as persoas con discapacidade é imprescindible acreditar o recoñecemento legal da cualificación do grao de discapacidade.
Recoñecemento, declaración e cualificación do grao de discapacidade dunha persoa.
Ter unha discapacidade física, psíquica ou sensorial, ou padecer unha enfermidade incapacitante ou crónica grave.
Son os Equipos de Valoración e Orientación (EVOs), os que realizan as actuacións específicas na Área de Diagnóstico, Valoración e Cualificación da discapacidade. Están compostos por un médico, un psicólogo e un traballador social. A través dos EVOs acredítase o grao de discapacidade física, psíquica ou sensorial.
Os Equipos de Valoración e Orientación (EVOs) están situados nas seccións de cualificación e valoración, que en Vigo se ubican en:
Sección de Cualificación e Valoración da Discapacidade Vigo
Segundo o grao de discapacidade, a lexislación vixente permite o acceso os seguintes beneficios:
Cada un deles debe solicitarse ante a administración pública ou entidade competente.
Poden ser modificadas, pode informarse en Servicios Sociais ou en Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar.
Cando a persoa solicitante sexa un menor de idade, copia compulsada do libro de familia, que inclúa a folla en que apareza o nome da persoa solicitante, no caso de non posuír DNI.
Certificado de empadroamento emitido polo concello correspondente que acredite a residencia do/a interesado/a nun municipio da Comunidade Autónoma no momento de presentar a solicitude, no caso de que a persoa interesada non autorice o órgano xestor para consultar os datos de residencia da persoa solicitante no Sistema de verificación de datos de residencia do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, de conformidade co artigo 3 do Decreto 255/2008, do 23 de outubro, e a Orde do 7 de xullo de 2009 da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.
No caso de persoas interesadas estranxeiras deberase achegar copia compulsada do permiso legal de residencia.
Acreditación da representación que se ten da persoa solicitante, se e o caso, segundo o modelo do anexo II, e copia compulsada do DNI/NIE da persoa representante, no caso de que non autorice o órgano xestor para consultar os datos de identidade.
Informes medicos ou psicolóxicos, emitidos por un profesional do Servizo Galego de Saúde, doutras administracións públicas que traten habitualmente a persoa solicitante ou de entidades concertadas ou conveniadas coa Seguridade Social ou reximes especiais, conforme o modelo do anexo IV, que avalen as deficiencias alegadas.
No caso de revisión por agravamento ou melloría deberase achegar copia compulsada dos informes que acrediten o dito agravamento ou melloría.
Así mesmo, poderanse presentar, co carácter de informes complementarios, outros informes medicos ou psicolóxicos que avalen as deficiencias alegadas.
No caso de solicitar valoración dos factores sociais complementarios, informe social emitido polo/pola traballador/a social dos servizos sociais comunitarios do domicilio da persoa solicitante e, se e o caso, do/da traballador/a social do sistema de saúde ou do/da traballador/a social dos servizos sociais especializados, conforme o modelo de informe social aprobado pola Orde do 1 de abril de 2013 pola que se aproba o modelo de informe social unificado para a área de dependencia, discapacidade e promoción da autonomía persoal e se aproba a súa utilización no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 69, do 10 de abril).
Solicita valoración dos factores sociais complementarios: Si Non. En caso afirmativo, deberán presentar:
Certificado de convivencia da unidade familiar.
No caso de solicitantes desempregados, tarxeta de demandante de emprego, no caso de que non se autorice o acceso aos datos sobre demanda de emprego que figuran en poder da Administración autonómica.
Xustificante de ingresos da persoa interesada e convivintes. A solicitude considerará a autorización da persoa solicitante e, de ser o caso, a das persoas que convivan con ela, para que a xefatura territorial da consellería competente en materia de servizos sociais realice as consultas aos arquivos públicos que consten en poder das distintas administracións públicas para os efectos de verificar os datos declarados sobre a situación económica, caso en que non deberán presentar documentación xustificativa neste sentido.
Xustificantes de gastos de vivenda (alugueiro, amortización primeira vivenda, desafiuzamento, eliminación de barreiras arquitectónicas), e de gastos extraordinarios de carácter prolongado (educativos, sanitarios e outros).
As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a traves do formulario electrónico normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia.
Opcionalmente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel, no rexistro do concello a que correspondan os servizos sociais comunitarios do domicilio da persoa solicitante, ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
A documentación complementaria poderase presentar electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto no artigo 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100