Deportes

Noticias Xornal

Lista de noticias

Noticias

2026-08-24. O goberno local licita por 548.000 euros a renovación do pavillón Frontón das Travesas

Foto noticia
A actuación permitirá substituír as cubertas, modernizar as instalacións de produción de auga quente e rehabilitar o interior e o exterior do edificio. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-08-20. Caballero felicita ás subcampioas de España cadetes de balonmán praia

Foto noticia
O alcalde recibiu este xoves no Concello ao equipo vigués cadete feminino de balonmán praia, que acadou a medalla de prata no Campionato de España 2026 celebrado en Laredo (Cantabria) do 30 de xullo ao 2 de agosto. As xogadoras chegaron á final tras superar as distintas fases da competición e proclamáronse subcampioas de España, un resultado que consolida o crecemento do balonmán praia de base na cidade. Abel Caballero felicitou ás deportistas e ao club polo éxito acadado e puxo en valor o seu traballo e a súa dedicación, así como a importancia de continuar apoiando desde o Concello o deporte vigués e a formación das novas xeracións. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-08-18. Balaídos avanza na nova bancada de Gol coa instalación do cuarto tramo da cuberta

Foto noticia
Caballero destaca o ritmo das obras, que permitirán alcanzar os 31.000 asentos no estadio a finais deste ano. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-08-13. Vigo convoca o concurso de ideas para deseñar a escultura de Iago Aspas en Balaídos

Foto noticia
A Xunta de Goberno Local aprobará este venres a contratación do concurso de ideas para o deseño e realización da escultura coa que a cidade homenaxeará a Iago Aspas. O certame estará dotado con 15.000 euros en premios e a proposta gañadora recibirá posteriormente o encargo para executar a obra, cun orzamento máximo de 200.000 euros. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-08-13. O Concello licita por 1,4 millóns a renovación integral dos vestiarios do campo da Bouza

Foto noticia
A Xunta de Goberno Local aprobará este venres a licitación das obras de renovación dos vestiarios e instalacións do campo de fútbol da Bouza, en Coia, cun investimento de 1.446.764 euros e un prazo estimado de execución de cinco meses. A actuación forma parte do plan municipal para modernizar os vestiarios de nove campos de fútbol da cidade, ao que o Concello destina preto de 8,5 millóns de euros. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-08-12. Caballero recibe á subcampioa de Europa xuvenil de balonmán praia

Foto noticia
O alcalde recibiu este mércores no Concello á deportista viguesa de 17 anos que vén de proclamarse subcampioa de Europa xuvenil de balonmán praia no campionato celebrado o pasado mes de xullo en Zagreb, Croacia. A xogadora pertence ao Club Balonmán Praia Petanca (Anubia Petanca), no que se formou desde a categoría infantil. O rexedor felicitouna polo éxito acadado a nivel internacional e puxo en valor a súa traxectoria e a capacidade do deporte vigués para formar novas promesas. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-08-06. Caballero e Míchel Salgado abordan a próxima edición da MS2 Cup

Foto noticia
O alcalde mantivo este xoves unha reunión con Míchel Salgado para avanzar na organización dunha nova edición da MS2 Cup en Vigo o próximo verán. O proxecto reunirá academias internacionais de fútbol nun gran torneo dirixido a nenas e nenos. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-08-05. O Marisquiño ultima a montaxe para acoller a 1500 deportistas en Samil

Foto noticia
O alcalde visitou este mércores en Samil os traballos de montaxe de tódalas estruturas que conforman o espazo do Marisquiño 2026 tanto para as oito disciplinas deportivas como para a oferta musical e de ocio. O Concello subvenciona con 1.350.000 euros a celebración desta nova edición do maior festival de cultura urbana e deportes de acción do sur de Europa, que espera recibir 1500 deportistas de máis de 30 países e preto de 60 artistas de diferentes estilos. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-08-05. O alcalde aplaude a "fortaleza" da Copa Vigo de Fútbol con 25 equipos en competición

Foto noticia
O Concello e a Real Federación Galega de Fútbol presentaron este mércores a Copa Vigo 2026 de fútbol para equipos locais de categorías autonómicas: Preferente, 1, 2 e 3 Futgal no caso masculino e 1, 2 e 3 Futgal no feminino. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-08-04. Vigo ultima a montaxe do descenso urbano do Marisquiño desde O Castro

Foto noticia
O alcalde visitou esta mañá os traballos de preparación do MTB Downtown do Marisquiño, unha das probas máis espectaculares do festival. O circuíto partirá este sábado 8 de agosto da fortaleza do Castro e chegará ata o Centro Comercial A Laxe tras percorrer un quilómetro e salvar 135 metros de desnivel, cunha pendente media do 13,5 %. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

Cargando recomendacións
 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100