Deportes

Noticias Xornal

Lista de noticias

Noticias

2026-09-18. A nova grada de Gol comeza a vestir a "pel azul" na conexión con Río

Foto noticia
En paralelo, continúa a instalación dos tramos da estrutura metálica que sostén a cuberta na metade máis próxima a Tribuna. O Concello mantén o remate da obra para finais de 2026 e traballa para tratar de poñela en funcionamento a comezos de xaneiro. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-09-17. O alcalde volve reclamar á Xunta e á Deputación que cofinancien os colectores de Balaídos

Foto noticia
O Concello xa solicitou por carta ás dúas administracións, a finais de outubro de 2025, que consignasen nos seus orzamentos os recursos necesarios para financiar a actuación a terzos. A obra está actualmente en execución cun investimento de 2.821.994 euros, asumido polo Concello. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-09-15. A nova grada de Gol alcanza a altura máxima da estrutura de formigón e inicia a colocación da "pel azul"

Foto noticia
Abel Caballero avanzou que a previsión municipal mantén o remate da obra a finais de 2026 e trabállase para que poida estar operativa a comezos de xaneiro, cando se disputa o derbi galego. "Nese momento teremos xa as tres bancadas definitivas para o Mundial acabadas: Marcador, Río e Gol", sinalou o rexedor. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-09-10. As Escolas Deportivas Municipais ofertan 5.500 prazas en 35 modalidades

Foto noticia
O Concello abre o prazo de inscrición nas escolas deportivas que este ano teñen un orzamento de 540.000 euros e no que participan 64 entidades viguesas das diferentes disciplinas. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-09-10. Caballero reclama á RFEF información oficial sobre a candidatura de Vigo ao Mundial 2030

Foto noticia
"Nestes momentos aínda non temos ningunha notificación oficial con respecto ao Mundial 2030", advertiu o rexedor, que censurou que a cidade continúe sen coñecer se a RFEF trasladou formalmente a candidatura viguesa á FIFA nin cando se producirá unha eventual visita dos técnicos internacionais a Balaídos. Caballero tamén sinalou que "Vigo no mes de decembro terá tres bancadas preparadas para o mundial. Hai campos que Louzán seleccionou que non teñen ningunha". (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-09-02. Vigo acolle por primeira vez o Campionato de España de BMX Freestyle

Foto noticia
O alcalde trasladou a satisfacción da cidade pola celebración do evento, que organiza o Club Cromoly, e que comezará o sábado 26 de setembro no Skatepark de Navia. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-08-24. O goberno local licita por 548.000 euros a renovación do pavillón Frontón das Travesas

Foto noticia
A actuación permitirá substituír as cubertas, modernizar as instalacións de produción de auga quente e rehabilitar o interior e o exterior do edificio. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-08-20. Caballero felicita ás subcampioas de España cadetes de balonmán praia

Foto noticia
O alcalde recibiu este xoves no Concello ao equipo vigués cadete feminino de balonmán praia, que acadou a medalla de prata no Campionato de España 2026 celebrado en Laredo (Cantabria) do 30 de xullo ao 2 de agosto. As xogadoras chegaron á final tras superar as distintas fases da competición e proclamáronse subcampioas de España, un resultado que consolida o crecemento do balonmán praia de base na cidade. Abel Caballero felicitou ás deportistas e ao club polo éxito acadado e puxo en valor o seu traballo e a súa dedicación, así como a importancia de continuar apoiando desde o Concello o deporte vigués e a formación das novas xeracións. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-08-18. Balaídos avanza na nova bancada de Gol coa instalación do cuarto tramo da cuberta

Foto noticia
Caballero destaca o ritmo das obras, que permitirán alcanzar os 31.000 asentos no estadio a finais deste ano. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-08-13. Vigo convoca o concurso de ideas para deseñar a escultura de Iago Aspas en Balaídos

Foto noticia
A Xunta de Goberno Local aprobará este venres a contratación do concurso de ideas para o deseño e realización da escultura coa que a cidade homenaxeará a Iago Aspas. O certame estará dotado con 15.000 euros en premios e a proposta gañadora recibirá posteriormente o encargo para executar a obra, cun orzamento máximo de 200.000 euros. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

Cargando recomendaciones
 

Ayuntamiento de Vigo

Plaza del Rey 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100