Cultura

Noticias de Cultura

Lista de noticias

Noticias

2024-11-05. O Concello renova o seu apoio á programación, con seis concertos, da Orquestra Infantil e Xuvenil Kv2211

Foto noticia
O Concello renova o seu apoio á Orquestra Infantil e Xuvenil Kv2211 para que desenvolva a programación 2024-2025, que arrincará o vindeiro sábado 30 de novembro co concerto para celebrar o día de Santa Cecilia. O concelleiro de Cultura, Gorka Gómez, animou hoxe a asistir aos seis concertos dunha formación que contribúe á formación de mozos músicos e que "mantén unha programación estable para deleite da cidade". (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2024-10-21. O Plan estratéxico dos museos reconfigura e actualiza os espazos municipais

Foto noticia
Abel Caballero presentou este luns o Plan estratéxico de Museos Municipais para o período 2024-2028 acompañado da tenente de Alcaldía e delegada da Área de Cultura, Carmela Silva, o concelleiro de Cultura, Gorka Gómez, o director de Museos e outras personalidades do mundo da cultura de Vigo. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2024-10-17. Vigo e o Nadal, escenarios do último filme de Juan Pinzás que se estrea mañá no cine Tamberlick

Foto noticia
O concelleiro de Cultura, Gorka Gómez, e o cineasta Juan Pinzás, nomeado "Vigués Distinguido" en 2002, presentaron esta mañá a última creación do director "Os ollos de Europa", que se estreará mañá no cinema Tamberlick. Rodada en Vigo, Santiago de Compostela e Madrid, a película protagonizada pola actriz Isabel de Toro, incorpora a iluminación de Nadal "porque o necesitaba", segundo explicou o director de cinema. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2024-10-17. SonDeSeu ofrece dous concertos de homenaxe á ETRAD no Auditorio Municipal

Foto noticia
A primeira das citas terá lugar este xoves, 17 de outubro. O alcalde presentou os recitais xunto a Anxo Pintos, presidente da Fundación Sondeseu e Xaquín Xesteira, director da Orquestra. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2024-10-14. O Concello apoia o "Marengo Fest. Festival Internacional Cidade de Vigo" que se celebrará en maio de 2025

Foto noticia
O Auditorio Municipal será escenario, do 7 ao 10 de maio de 2025, da primeira edición do "Marengo Fest. Festival Internacional Cidade de Vigo", organizado por Marengo Producións&ACT-Galicia coa colaboración do Concello. O edil de Cultura, Gorka Gómez, recalcou o apoio municipal para consolidar o festival de curtametraxes e documentais nunha cidade que xa se converteu nun estudio de cinema para importantes producións audiovisuais. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2024-09-30. O Pleno aproba a modificación urbanística que viabiliza a Biblioteca do Estado na rúa Lalín

Foto noticia
A Corporación deu luz verde definitiva esta mañá ao Plan especial de infraestruturas e dotacións para a ubicación da Biblioteca Pública do Estado, un grande avance cara a cumprir unha demanda histórica desta cidade. Caballero referiuse a aprobación como un "paso excepcional" que culmina a tramitación municipal desta infraestrutura xa que permite ceder o solo ao Goberno Central. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2024-09-25. A XXVIII edición do Maratón Fotográfico chega a Vigo o próximo 5 de outubro

Foto noticia
Abel Caballero anima á participación na XXVIII edición do Maratón Fotográfico Concello de Vigo con 24 horas de creatividade e convivencia entre profesionais e amateurs. A Agrupación Fotográfica Galega organiza este certame o próximo 5 de outubro. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2024-09-20. O alcalde presenta a programación especial 20 aniversario da Orquestra Vigo 430

Foto noticia
O alcalde e a primeira tenente de alcaldía presentaron este venres o programa de seis concertos co que a Orquestra Vigo 430 celebrará en 2025 dúas décadas de difusión da música clásica. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2024-09-12. O Marco oferta formación para público adulto en historia do cine e da arte

Foto noticia
"Afectos especiais. A linguaxe do cinema e a súa potencia expresiva" e "Arte e sociedade na España dos séculos XX e XXI" abren o prazo de inscrición o martes 17 de setembro. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2024-09-12. O sábado 14 de setembro Vigo gozará dos 15 concertos simultáneos do programa Conexións Vigo

Foto noticia
O Concello celebrará o ciclo Conexións Vigo que organiza a Fundación Conservatorio Mayeusis o sábado 14 de setembro. Máis de 50 artistas participarán nesta celebración conxunta a partir das 19:30 horas en prazas e recintos ao aire libre da cidade baixo o lema "Abrazar Vigo". (Ver noticia en xornal.vigo.org)
 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100