Cultura

Noticias de Cultura

Lista de noticias

Noticias

2026-09-11. O alcalde traslada o pésame pola morte de Antón Pulido

Foto noticia
Abel Caballero transmitiu as condolencias no nome da cidade á familia do "grande artista", a quen se referiu como "gran amigo persoal e persoa excepcional" que permanecerá na memoria de Vigo. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-09-09. Volven as visitas guiadas para escolares nos museos municipais

Foto noticia
O Concello retoma este curso o programa de visitas guiadas á rede dos museos municipais dirixido a escolares de todas as etapas educativas. Desde o luns 14 ao mércores 30 de setembro, os centros educativos interesados en participar no programa cultural, que inclúe desprazamentos gratuítos en autobús, poderán inscribirse para participar na actividade didáctica, incluídos o programa Concello Educa, que terán lugar no Museo Quiñones de León e no CMAG Vigo-Casa das Artes. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-09-03. Caballero urxe ao Ministerio de Cultura o inicio da construcción da Biblioteca do Estado

Foto noticia
O alcalde enviará unha carta ao ministro de Cultura, Ernest Urtasun, reiterando a necesidade de iniciar de forma inmediata a construción da Biblioteca do Estado. O Concello aprobou de xeito definitivo a cesión gratuíta dunha parcela municipal de 6.000 m2 situada na rúa Lalín. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-09-03. A Casa das Artes exhibe "Fender, Recortar, Atopar" de Jesús Valmaseda

Foto noticia
A mostra do escultor permanecerá aberta ao público desde este xoves ao domingo 1 de novembro logo de ser inaugurada esta mañá coa presenza do alcalde; Carmela Silva, primeira tenente de Alcaldía; Gorka Gómez, concelleiro de Cultura; e Ángel Cerviño, curador e autor do texto do catálogo. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-08-28. As obras de Granell e Cáccamo formarán parte do CMAG Vigo

Foto noticia
A Xunta de Goberno deu luz verde a licitación da obra Cabalo surrealista de Eugenio Fernández Granell e a adquisición de Talismanta de Berta Cáccamo. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-08-13. Vigo convoca o concurso de ideas para deseñar a escultura de Iago Aspas en Balaídos

Foto noticia
A Xunta de Goberno Local aprobará este venres a contratación do concurso de ideas para o deseño e realización da escultura coa que a cidade homenaxeará a Iago Aspas. O certame estará dotado con 15.000 euros en premios e a proposta gañadora recibirá posteriormente o encargo para executar a obra, cun orzamento máximo de 200.000 euros. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-08-07. O "Piano na rúa\" convida a tocar á cidadanía viguesa

Foto noticia
No marco do X Concurso Internacional de piano "Cidade de Vigo", Abel Caballero participou este venres na presentación da iniciativa "Piano na rúa\", coa que calquera persoa que queira pode sentarse a interpretar algunha peza no piano de cola instalado na rúa do Príncipe, diante do Marco. "Queremos que a cidade veña durante esta semana a escoitar o piano, a vivir o piano no mellor sitio do mundo". O certame congregará na cidade a 400 participantes de 77 países que amosarán a súa \"excepcional calidade interpretativa". (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-08-06. O Concello avanza na exposición do 200 aniversario de Julio Verne no Auditorio Mar de Vigo

Foto noticia
Abel Caballero avanzou este xoves a contratación da mostra inmersiva "Jules Vernes 200" por 2.056.368 euros. "Unha acción extraordinaria que vai facer que Vigo sexa centro de atención dunha parte importante de Europa, porque Julio Verne e o capitán Nemo van revivir na cidade e nós estaremos con eles nunha exposición coas últimas tecnoloxías", afirmou. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-08-03. O II Festival de Música de Cámara Sinerxias 430 ofecerá catro concertos de artistas internacionais

Foto noticia
Abel Caballero referendou esta mañá o apoio do Concello ás iniciativas da Orquestra 430, durante a presentación do novo programa de concertos que, do 24 de setembro ao 28 de novembro, contará con clases maxistrais gratuítas para o alumnado do conservatorio profesional. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-07-30. O X Concurso Internacional de Piano "Cidade de Vigo" congrega a 400 participantes de 77 países

Foto noticia
O alcalde pon en valor a calidade do certame, que traerá á cidade a algúns dos pianistas con maior proxección internacional e convida á cidadanía a tocar o piano que estará na rúa do Príncipe, aberto a quen queira facelo soar. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

Cargando recomendaciones
 

Ayuntamiento de Vigo

Plaza del Rey 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100