2025-08-07. Os bombeiros de Vigo colaboran na extinción do lume en Salceda de Caselas
O alcalde informou este xoves da participación de catro efectivos cun vehículo autobomba nas tarefas de sufocación do incendio en Salceda, logo de colaboraren o martes nos lumes da Costa da Morte. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
2025-07-14. A Unidade de Seguridade de Costa e Praia garante a "actuación inmediata" nos areais
A Unidade de Seguridade de Costa e Praia do Concello de Vigo, que desde o 15 de xuño ata o 15 de setembro conta con 24 axentes da Policía Local dentro dun operativo de 130 persoas dando cobertura aos areais de Vigo, conta cunha "capacidade de actuación inmediata", segundo explicou hoxe o alcalde en Samil. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
2025-07-03. A Policía Local de Vigo incorpora catorce novos axentes
O alcalde recibiu este xoves aos catorce novos policías que entran a formar parte do Corpo municipal con diferentes responsabilidades e trasladoulles o "orgullo de ser o máximo responsable da Policía Local" viguesa. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
2025-06-23. Vigo celebra o San Xoán con fogueiras, sardiñadas e festa
O alcalde desexa que a cidade pase unha "magnífica festa de San Xoán\", nunha noite na que se organizarán ata 27 celebracións, entre fogueiras, sardiñadas e festas. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
2025-06-11. O luns 16 de xuño comeza o servicio especial ás praias con dez liñas ata Samil e O Vao
O vindeiro luns 16 de xuño arrincará o servizo especial de reforzo do transporte público urbano ás praias de Vigo. Estará operativo durante toda a semana ata setembro para facilitar á cidadanía unha alternativa cómoda, segura e sostible ao vehículo privado. "Dez liñas que chegan directamente ás praias", destacou o alcalde. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
2025-06-10. O rexedor reúnese coa subdirectora xeral do gabinete técnico da Policía Nacional
No marco dunha visita de cortesía, Abel Caballero mantivo un encontro este martes con Eulalia González Peña, subdirectora xeral do gabinete técnico da Policía Nacional, acompañada de parte do seu equipo, con quen puido abordar a operatividade da Policía Nacional e a importancia da súa colaboración co corpo da Policía Local da cidade, unha cooperación que o rexedor pon en valor polo seu alcance positivo. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
2025-05-02. Caballero anuncia que o novo parque de bombeiros en Esturáns estará 100% operativo en dez días
O alcalde anunciou este venres, despois de percorrer o parque de bombeiros Sergio Sanlés coa primeira tenente de Alcaldía, Carmela Silva, a concelleira de Seguridade, Patricia Rodríguez, e o xefe de Bombeiros, Guillermo Domínguez, que as novas instalacións estarán operativas en 10 días. Abel Caballero, tras recordar os 3 millóns de euros investidos, recalcou o salto cualitativo que se rexistra con respecto á antiga dotación do Servizo de Extinción de Incendios de Balaídos. "É unha dimensión completamente distinta", afirmou. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
2025-04-07. Un servizo especial de autobuses facilitará a saída do partido da Selección Absoluta Feminina
O alcalde anunciou hoxe un servizo extraordinario de autobuses para facilitar o regreso do partido que a Selección Absoluta Feminina vai disputar mañá en Balaídos. Serán tres as liñas dispostas a partir das 20,45 horas, cando está previsto que remate o encontro. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
2025-03-14. O Concello investirá preto de 1,5 millóns no novo acceso ao Párroco don Camilo
O goberno local solucionará os problemas de seguridade nos accesos ao Párroco don Camilo coa construción dun novo viario conectado coa estrada de Baiona (PO-552) que conta un orzamento aproximado de 1,5 millóns. Con ese obxectivo, a Xerencia de Urbanismo aprobará a semana que vén un Plan Especial de Infraestruturas. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
2025-02-10. O goberno local inviste 4,1 millóns no corredor mecánico entre López Mora e Hispanidade
Abel Caballero deu conta do avance do corredor vertical que unirá a zona de López Mora coa de Hispanidade. O conxunto das ramplas mecánicas que se van instalar nas rúas Pintor Lugrís e Pintor Colmeiro ascende a 4,1 millóns. (Ver noticia en xornal.vigo.org)