Servizos Sociais
A través desta convocatoria de subvenciones, a Xunta de Galicia con fondos FSE europeos presta apoio económico para o desenvolvemento de programas de inclusión sociolaboral polos servizos sociais comunitarios de titularidade municipal que teñan por finalidade a inclusión sociolaboral de colectivos de elevada vulnerabilidade á exclusión social e laboral.
O Concello de Vigo, a través da concelleria de Politica Social, ven solicitando en cada convocatoria diferentes programas bianuais en relación á poboación en situación de exclusión moderada e severa ou en risco de exclusión .Nesta convocatoria se realizan de proxectos específicos para determinados colectivos en situación de vulnerabilidade social:proxectos de inclusión sociolaboral básica e transición ao emprego persoas sen fogar do CIIES(Centro Integral de Inclusión e Emerxencia Social); proxecto socioeducativo e de apoio familiar e proxecto de inclusión residencial para persoas sen fogar e proxecto de mediación intercultural e social para persoas inmigrantes.
Convocatoria para os anos 2023-2025
Actuacións concedidas ao abeiro da orde de 6 de setembro de 2023 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a corporacións locais para programas de emerxencia social e a inclusión social da poboación xitana, inmigrante e outras persoas en risco de exclusión cofinanciada pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027.
Programa de Inclusión Sociolaboral e transición ao emprego para persoas sen fogar: "Inclusión Social e loita contra a pobreza".
Operación cofinanciada parcialmente co Fondo Social Europeo Plus (FSE+) a través do programa FSE+ Galicia 2021-2027
Establecense obxectivos e accións encamiñadas á superación de dificultades persoais, formativas e laborais co deseño de itinerarios personalizados cara á formación laboral, aumento da empregabilidade, acceso ao mercado de traballo e establecemento de mecanismos de conciliación tendo en conta a perspectiva de xénero.
O programa ten coma obxectivo xeral proporcionar mecanismos e ferramentas para a integración sociolaboral plena das persoas participantes do servizo de transición á vida autónoma do C.M. CIIES do Concello de Vigo . Integrarase a perspectiva de xénero para facilitar o fomento da igualdade de oportunidades, paliando as situacións de desfavorecemento á que se ven sometidas as mulleres e sensibilizando, de maneira transversal, as mulleres e os homes para abordar a problemática da desigualdade sociolaboral e a compresión do seu papel activo no cambio de perspectiva.
Para o seu desenvolvemento establécese, de acordo coa persoa, un itinerario personalizado de inserción no cal teranse en conta as particularidades e necesidades específicas das persoas en función da súa situación persoal e socio familiar.
Total concedido 2023: 16.072,00 €
Total concedido 2024: 27.552,00 €
Total concedido 2025: 11.480,00€
Programa de mediación intercultural: "Inclusión Social e loita contra a pobreza".
Operación cofinanciada parcialmente co Fondo Social Europeo Plus (FSE+) a través do programa FSE+ Galicia 2021-2027
O programa presenta unha liña xeral de intervención, estruturada en tres eixos de intervención: apoio aos profesionais e institucións; participación social e cidadá e convivencia intercultural (é unha liña transversal onde se sitúa a prevención e xestión das tensións, conflitos e malentendidos)e unha liña de apoio ás familias inmigrantes.
Cunha intervención baseada nos principios da interculturalidade e a mediación promovendo novas relacións de convivencia construtiva e transformadora, quere apoiar e acompañar, cando proceda, o acceso das persoas e familias aos recursos públicos e privados, promovendo autonomía no exercicio dos seus dereitos e obrigas.
Total concedido 2023: 21.676,84 €
Total concedido 2024: 37.172,64 0 €
Total concedido 2023:15.495,80 €
Programa básico de inclusión sociolabotal básica activa para personas sen fogar: "Inclusión Social e loita contra a pobreza"
Operación cofinanciada parcialmente co Fondo Social Europeo Plus (FSE+) a través do programa FSE+ Galicia 2021-2027
Este programa vai dirixido a mulleres e homes, incluídos no programa de acollida e inclusión do Centro Integral de Inclusión e Emerxencia Social (CIIES) do Concello de Vigo que se atopan nunha situación de risco ou exclusión social, mediante o desenvolvemento de itinerarios de inclusión, dirixidos a mellora de oportunidades, de axuste persoal , formación, adquisición de habilidades e mellora da empregabilidade.
Como obxectivos ten favorecer as oportunidades de axuste persoal, a incorporación sociolaboral, e consecución dunha vivenda estable para ás persoas en situación de exclusión social severa. Integrarase a perspectiva de xénero para facilitar o fomento da igualdade de oportunidades, paliando as situacións de desfavorecemento á que se ven sometidas as mulleres e sensibilizando de maneira transversal as mulleres e os homes para abordar a problemática da desigualdade sociolaboral e a compresión do seu papel activo no cambio de perspectiva.
Total concedido 2023: 23.493,00 €
Total concedido 2024: 40.245,60 €
Total concedido 2025: 16.777,20 €
Programa socioeducativo e de apoio familiar: "Inclusión Social e loita contra a pobreza"
Operación cofinanciada parcialmente co Fondo Social Europeo Plus (FSE+) a través do programa FSE+ Galicia 2021-2027
Este programa concíbese como un servizo educativo e psicosocial de prevención e apoio personalizado, dirixido ás familias, especialmente a aquelas que se atopen nunha situación de vulnerabilidade. Ten como finalidade a promoción da autonomía familiar, o desenvolvemento integral das súas potencialidades.
Os seus obxectivos xerais son ofrecer apoio socioeducativo integral ás familias, como marco de referencia onde se desenvolven as persoas, fomentar a autonomía e a integración no contorno de todas as familias, garantindo o respecto aos seus dereitos e promover e dinamizar redes comunitarias de apoio e axuda mutua ás familias, favorecendo a prevención de situacións de risco e dificultade sociofamiliar.
Ten como obxectivos específicos o promover a adquisición de competencias e capacidades das familias para un axeitado desenvolvemento das súas funcións parenterais, educativas, de crianza e socialización; facilitar alternativas, recursos e itinerarios socioeducativos ás familias; ofrecer espazos de encontro de pais e nais e previr e detectar e atender situacións e familias de elevada vulnerabilidade: infancia en alto risco social, dinámicas de violencia intrafamiliar e familias en situación de exclusión social.
Total concedido 2023: 24.673,80€
Total concedido 2024: 42.312,00 €
Total concedido 2025: 17.638,20 €
Programa de inclusión residencial para persoas sen fogar: "Inclusión Social e loita contra a pobreza"
Operación cofinanciada parcialmente co Fondo Social Europeo Plus (FSE+) a través do programa FSE+ Galicia 2021-2027
O programa vai dirixido a persoas en situación de exclusión social residencial das persoas participantes nalgún programa ou servizo do Centro Municipal de Inclusión e Emerxencia Social (CIIES) do Concello de Vigo.
A exclusión residencial é unha problemática da sociedade actual, que abarca un conxunto amplo de situacións polas que unha persoa vese privada do acceso a unha vivenda normalizada. Tendo en conta que a exclusión é un fenómeno multicausal no que interveñen diferentes factores estructurais, institucionais, relacionais e personais considérase importante, incidir sobre aqueles factores persoais que dificultan o acceso a un aloxamento ás persoas en situación de exclusión social: carencias en habilidades de comunicación, non dispor de medios tecnolóxicos (internet, teléfono) para unha eficiente procura de vivenda, prexuízos por parte dos arrendadores e minimizar as consecuencias da discriminación no mercado de vivienda.
O obxectivo xeral deste programa é facilitar o acceso e mantemento dun aloxamento ás persoas en situación de exclusión social tendo en conta a perspectiva de xénero e fomentando a igualdade de oportunidades de cara a paliar as situacións de discriminación que sofren polo feito de ser mulleres.
Total concedido 2023: 16.072,00 €
Total concedido 2024: 27.552,00 €
Total concedido 2025: 11.480,00 €
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100