Servizos Sociais

Drogodependencias e outras adiccións

Neste ámbito, o Concello conta con dous recursos:

  • Dun lado, o Plan Local sobre Drogodependencias e outras adicións, produto da vontade común das organizacións sociais e dos servicios municipais vinculados á atención das persoas con trastornos aditivos de Vigo, para lograr a máxima coordinación entre os seus recursos e a coherencia nas actuacións das persoas, profesionais, institucións e entidades dedicadas á asistencia, prevención e incorporación social en materia de adicións na cidade de Vigo.
  • Doutro, a Unidade Asistencial de Drogodependencias (CEDRO), que desenvolve un activo e amplo labor no ámbito das drogodependencias, coa prestación de programas de tratamento específicos e a coordinación con outras entidades, institucións e administracións para a asistencia de urxencias sociais e de procesos de incorporación social de drogodependentes.
 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100