Servizos Sociais
O Concello de Vigo conta cun Centro Integral de Inclusión e Emerxencia Social (CIIES) para a atención integral das persoas afectadas por situacións valoradas de exclusión social, no que se procuran contextos que faciliten a inclusión e se atenden situacións puntuais de emerxencia social.
No ámbito da inclusión sociolaboral, favorece o desenvolvemento de itinerarios personalizados de inclusión, a través do programa de inclusión sociolaboral e a coordinación con outras entidades e servizos.
Por último, fomenta o desenvolvemento de actuacións solidarias por entidades de iniciativa social como servizos complementarios aos municipais.
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100