Participación cidadá
Servizo de Atención Cidadá
O Servizo de Atención Cidadá, supón un novo marco de relacións entre a administración municipal e a cidadanía, asume a tendencia a descentralizar e modernizar a Administración, facéndoa máis próxima, comprensible e accesible, mellorando a atención, o acceso a todo tipo de información e a comunicación entre a cidadanía e todos os servizos da Administración Municipal.
Ofrece á cidadanía a posibilidade de resolver as súas dúbidas, obter información actualizada e precisa, evitando desprazamentos innecesarios ata as dependencias municipais, mediante a utilización do teléfono ou do correo electrónico.
Así mesmo, é función deste servizo a xestión de solicitudes, queixas e suxestións, dos cidadáns e cidadás aos distintos órganos e servizos municipais: Limpeza, Atención Cidadá-010, Vías e Obras, Tráfico e Circulación, Parques e Xardíns, etc.
A Atención Cidadá préstase á cidadanía mediante:
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100