Participación cidadá

Noticias

Lista de noticias

Noticias

2025-02-24. O goberno local contrata os servizos de atención dos centros municipais de distrito

Foto noticia
A Xunta de Goberno dedica 447.636 euros para a contratación dos servizos de portería, control de acceso e información ao público dos centros municipais de distrito para os próximos dous anos. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2024-12-17. O goberno municipal aproba axudas para as asociacións veciñais por un importe de 450.000 euros

Foto noticia
A Xunta de Goberno aprobou as axudas destinadas ás asociacións veciñais da cidade por un importe de 450.000 euros. O alcalde incidiu en que estas subvencións teñen por obxectivo "facilitar o traballo" das entidades. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2024-11-19. O 010 prestou case 20.000 servizos telefónicos ao longo do mes de outubro

Foto noticia
O servizo de atención telefónica do Concello recibiu case 20.000 chamadas durante o mes de outubro. A maior parte das interaccións foron para solicitar información sobre actividades, cursos, eventos ou trámites municipais. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2024-11-13. O Concello dedica 100.000 euros ao fomento da participación cidadá

Foto noticia
O goberno local outorgará 100.000 euros en achegas para a organización de actos sociais e encontros veciñais. Tal e como explicou Caballero, financiaranse cuestións como a instalación de carpas ou iniciativas como competicións ou xogos populares. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2024-10-25. O goberno municipal destina 100.000 euros a subvencións a entidades sociais e culturais da cidade

Foto noticia
A Xunta de Goberno aprobou este venres a convocatoria e as bases para subvencionar con 100.000 euros actos sociais e encontros veciñais organizados por entidades de Vigo, así como as axudas con 48.000 euros dos programas organizados por as asociacións culturais (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2024-09-25. O goberno local adica 450.000 euros ao fomento do asociacionismo e da participación cidadá

Foto noticia
O BOP vén de publicar as subvencións para o fomento do asociacionismo na cidad cun orzamento de 450.000 euros. As axudas concederanse en réxime de concorrencia competitiva. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2024-08-22. O goberno municipal dedica 450.000? ao fomento do asociacionismo e da participación cidadá

Foto noticia
O alcalde avanzou que se aprobará na Xunta de Goberno Local de mañá as bases reguladoras e a convocatoria. Tamén se aprobará a concesión de subvencións a entidades sen ánimo de lucro que realizan programas de apoio ás mulleres. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2024-08-19. O alcalde valora o "excepcional servizo" do 010, que inicia as chamadas gratuítas

Foto noticia
Este martes, 20 de agosto, o servizo municipal de información telefónica 010 comeza unha etapa nova coa gratuidade das chamadas para as persoas usuarias, que deixarán de pagar "co mesmo uso" arredor de 77.000 euros anuais. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2024-08-14. O servizo 010 será gratuíto a partir do martes 20 de agosto

Foto noticia
A partir do martes 20 de agosto as chamadas da cidadanía dirixidas ao teléfono 010 de atención ao cidadán serán gratuítas. "Tomamos a decisión de que as chamadas a un servizo que dá unha enorme atención ás persoas sexa completamente gratis para os usuarios porque queremos facilitar a relación entre a cidadanía de Vigo co Concello", afirmou o alcalde. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2024-06-14. O servizo de atención telefónica a través do 010 empezará a ser gratuíto no mes de xullo

Foto noticia
Unha UTE de Telefónica vén de converterse na empresa adxudicataria dos servizos de telefonía e internet do Concello de Vigo. Este novo contrato, cun orzamento de 2,9 millóns durante 4 anos, permitirá decretar a gratuidade das chamadas ao 010 ao longo do mes de xullo. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100