Participación ciudadana

Noticias

Lista de noticias

Noticias

2025-08-11. O Concello dedica máis de 500.000 euros anuais ao movemento veciñal

Foto noticia
O Goberno Municipal de Vigo aprobou as bases da convocatoria das subvencións destinadas a apoiar os actos sociais e eventos organizados polo movemento asociativo para fomentar a participación cidadá. Dotadas con 60.000 euros, estas axudas súmanse ao conxunto de apoios do Concello ao movemento asociativo da cidade. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2025-07-03. A Xunta de Goberno aproba as bases para as axudas de 456.000 euros destinadas ás asociacións

Foto noticia
O goberno municipal aprobou, na última Xunta de Goberno de xuño, as bases que reguladoras para destinar 456.000 euros a subvencións de asociacións e participación cidadá. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2025-05-23. O Concello aproba a convocatoria de subvencións para a promoción do deporte feminino na tempada 2024-2025

Foto noticia
A Xunta de Goberno deste venres aprobou a subvención para financiar o programa "Conexións Vigo 2025" da Fundación Mayeusis e de dous convenios con entidades culturais na Xunta de Goberno desta mañá. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2025-05-02. Vigo dedica 1.390.000 euros para o fomento do emprego en entidades sen ánimo de lucro

Foto noticia
O alcalde informou que a Xunta de Goberno aprobou a convocatoria e as bases reguladoras do programa ao que poderán acollerse as entidades que tiñan contratado persoal desde agosto do ano 2024 ata o 31 de xullo de 2025. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2025-02-24. O goberno local contrata os servizos de atención dos centros municipais de distrito

Foto noticia
A Xunta de Goberno dedica 447.636 euros para a contratación dos servizos de portería, control de acceso e información ao público dos centros municipais de distrito para os próximos dous anos. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2024-12-17. O goberno municipal aproba axudas para as asociacións veciñais por un importe de 450.000 euros

Foto noticia
A Xunta de Goberno aprobou as axudas destinadas ás asociacións veciñais da cidade por un importe de 450.000 euros. O alcalde incidiu en que estas subvencións teñen por obxectivo "facilitar o traballo" das entidades. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2024-11-19. O 010 prestou case 20.000 servizos telefónicos ao longo do mes de outubro

Foto noticia
O servizo de atención telefónica do Concello recibiu case 20.000 chamadas durante o mes de outubro. A maior parte das interaccións foron para solicitar información sobre actividades, cursos, eventos ou trámites municipais. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2024-11-13. O Concello dedica 100.000 euros ao fomento da participación cidadá

Foto noticia
O goberno local outorgará 100.000 euros en achegas para a organización de actos sociais e encontros veciñais. Tal e como explicou Caballero, financiaranse cuestións como a instalación de carpas ou iniciativas como competicións ou xogos populares. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2024-10-25. O goberno municipal destina 100.000 euros a subvencións a entidades sociais e culturais da cidade

Foto noticia
A Xunta de Goberno aprobou este venres a convocatoria e as bases para subvencionar con 100.000 euros actos sociais e encontros veciñais organizados por entidades de Vigo, así como as axudas con 48.000 euros dos programas organizados por as asociacións culturais (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2024-09-25. O goberno local adica 450.000 euros ao fomento do asociacionismo e da participación cidadá

Foto noticia
O BOP vén de publicar as subvencións para o fomento do asociacionismo na cidad cun orzamento de 450.000 euros. As axudas concederanse en réxime de concorrencia competitiva. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
 

Ayuntamiento de Vigo

Plaza del Rey 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100