Arquivo municipal
Esta actuación, financiada pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), ten o obxectivo de garantir a preservación e difusión do patrimonio documental do Arquivo municipal, facilitando o seu acceso a través do portal Galiciana –Patrimonio Dixital de Galicia.
Co gallo da celebración do Día Internacional do Arquivos, o Arquivo municipal de Vigo, en colaboración co Arquivo da Deputación de Pontevedra, pon a disposición da cidadanía os catálogos dos seus fondos documentais de carácter patrimonial a través do portal Atopo.
O Arquivo municipal de Vigo comeza o ano 2021 estreando unha sección propia na web do Concello. Por vez primeira na súa historia, esta institución arquivística disporá dun espazo web onde facilitar á cidadanía as informacións básicas relativas aos seus servizos, ás súas actividades e aos fondos e coleccións que custodia. Así, esta sección da web municipal pretende achegar as informacións actualizadas relativas ao desenvolvemento das tarefas arquivísticas que lles son propias. Xa que logo, a finalidade deste espazo será a divulgación activa dos fondos e coleccións depositados no Arquivo municipal.
O 24 de xaneiro de 2021 o Faro de Vigo publicaba unha reportaxe sobre a nosa Institución onde puña en valor as actuacións que se están levando a cabo en materia de reorganización e dixitalización documental (texto de Borja Melchor / Fotos de Alba Villar).
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100