Actuación 04 liña 2 : Implantación de Vía Verde sobre o antigo trazado ferroviario. Fase II. (Código actuación: P06_L2-20210927-4).
Descrición do proxecto:
A Fase II do proxecto de implantación de Vía Verde sobre o antigo trazado ferroviario entre Urzáiz e Teis recolle as actuacións para dar continuidade á Fase I e completar o itinerario peonil entre estas localizacións. Proxéctase un itinerario para o tránsito de peóns e outro, segregado, para a circulación das bicicletas.
Ademais, co fin de dar continuidade á Vía Verde, proxéctase unha pasarela metálica. Esta pasarela discorre desde o miradoiro, situado á altura da R/Vía Norte n.º 1, até a R/Navarra. Posteriormente, para unir a R/Navarra co viaduto de Isaac Peral, disponse dun paseo de madeira que discorre pola cabeza do noiro existente.
Así mesmo, adecuouse o acceso desde o paso elevado na Avenida de Buenos Aires cunha rampla. A Vía Verde dispón por tanto de: áreas de descanso, miradoiros e apeadeiros, que contan con paneis informativos, mobiliario e zonas de chaira. Ao obxecto de respectar e pór en valor a orixe ferroviaria desta infraestrutura respectouse a sinalización ferroviaria, así como tramos dos raíles e demais elementos ferroviarios.
Publicación licitación: Plataforma de contratación do sector público. Expediente 701-441
Estado de execución:
Galería de imaxes do proxecto:
Comunicación actuacións:
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100