Logos

Rehabilitación e transformación contorna urbana Gran Vía. Fase II

Actuación 01 liña 2: Rehabilitación e transformación da contorna urbana da Gran Vía. Fase II. (Código actuación: P06_L220210921-1)

Descrición do proxecto:

Esta actuación é a continuación das obras correspondentes á Fase I, xa executadas e en servizo desde o 03/12/20, onde o ámbito específico foi o tramo entre a R/Urzáiz e a R/Venezuela. Esta Fase II, desde a R/Venezuela até a R/Nicaragua, proporciona un itinerario peonil accesible e seguro até a Praza de España, salvando o gran desnivel que existe na Avenida Gran Vía con pendentes que roldan o 9%.

A principal característica da actuación é a incorporación de ramplas mecánicas en sentido ascendente no bulevar central que favorecen e promoven a mobilidade peonil en devandita contorna, xunto cun paseo peonil adxacente, creando tamén espazos estanciales acompañados de zonas con vexetación en todo o tramo. As ramplas mecánicas cubríronse cunha estrutura acristalada de vidro que garante a protección climática. Do mesmo xeito, melloráronse as conexións transversais peonís a longo da zona de actuación instalando pasos de peóns elevados, así como favorecer a comunicación entre si das diferentes vías e modos de transporte sustentable: itinerarios peonís, carrís bici e carrís bus.

Publicación licitación: Plataforma de contratación do sector público. Expediente: 959-441

Estado de execución:

  • Importe adxudicado da actuación: 3.645.818,43 €
  • Subvención outorgada: 3.145.000,00 €
  • Grao de execución: Finalizada
  • Importe total executado: 4.302.438,85 €
  • Importe final subvención xustificado: Pendente de tramitar

Galería de imaxes do proxecto:

foto 1 foto 2 foto 3 foto 4

Actuacións comunicación:

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100