Logos

Infraestructura automatización de claves, a custodia de certificados (CKC), selado de tempo (TSU) e validación de certificados

Actuación 03 liña 2: Infraestrutura de alta dispoñibilidade e ferramentas para a automatización de claves, a custodia de certificados (CKC), selado de tempo (TSU) e validación de certificados. (Código actuación: P1_L2_362-511785)

Descrición do proxecto:

Dotación dunha infraestrutura unificada de Hardware e Software (HSM de alta dispoñibilidade) que permita, a centralización de chaves e custodia de certificados (CKC), o selado de tempo (TSU) e a validación de firmas, incrementando a capacidade e dispoñibilidade dos servizos dixitais do Concello, mesmo en situacións de fallo ou deficiencia ao basearse en esquemas de redundancia e respaldo (HSM de alta dispoñibilidade). Para iso levarán a cabo as fases de Subministración e instalación no CPD municipal, Configuración do Hardware e Software, que incluirá as tarefas de configuración inicial e integración con procesos automatizados (robots) demandantes de autenticación e certificación, abordando, no seu caso, a definición e implantación daqueles necesarios para asegurar a súa operatividade. Migración de certificados da infraestrutura actual e/ou paralelos, no seu caso formación necesaria para asegurar a súa plena operatividade.

Publicación licitación: Plataforma de contratación do sector público. Expediente: 9864-113

Estado de execución: Finalizado

  • Importe da actuación: 240.741,70 €
  • Subvención outorgada: 185.000,00 €
  • Grao de execución: Finalizada
  • Importe total executado: 187.242,11 €
  • Importe final subvención: 160.492,31 €*  ( Importe compensado no total da subvención -24.507,69 €). Xustificada

Link actuacións comunicación:

 

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100