Plan de Sustentabilidade Turística "Centro histórico da Vila de Bouzas"
Descrición do proxecto:
As entidades locais son as unidades básicas que constitúen os destinos e as responsables da maioría dos parámetros que inflúen na elección dos turistas, así como dos determinantes da competitividade e sustentabilidade do modelo. As entidades locais teñen competencias para a ordenación urbanística, o transporte, a mobilidade, a creación de equipamentos para o turismo, a ordenación de actividades no seu municipio, o abastecemento e depuración de augas, o uso de praias, as licenzas de actividades turísticas, as servidumes de uso público, etc. Por tanto, quérese asegurar a sostentabilidade en sentido amplo do modelo turístico español na que se debe actuar fundamentalmente nos destinos turísticos.
O Concello de Vigo concorreu a convocatoria extraordinaria de Plans Territoriais de Sustentabilidade Turística en Destino, presentando un proxecto baixo o título de "PSTD do Centro histórico da Vila de Bouzas", sendo unha das categorías de destino recollidas na convocatoria e establecendo o investimento mínimo por eies que recolle a convocatoria.
Inclúe as seguintes actuacións: Plan de xestión de residuos diferenciado para o casco antigo de Bouzas e ámbito de influencia próxima; Plan de renaturalización do Litoral do Centro histórico de Bouzas; Transformación do sistema de iluminación do casco antigo de Bouzas (sistemas de baio consumo e autosuficientes); Proxecto de humanización Rúa Pazo - Casco antigo de Bouzas; Ampliación da rede de conectividad e sensórica do Concello; estratexia de promoción dixital do casco antigo de Bouzas; Estratexia de promoción dixital do casco antigo de Bouzas e festas culturais (Brincadeira); Plan de mercadotecnia e dinamización da festa da Brincadeira, así como mellorar a imaxe final e a integración urbanística, paisaxística e ambiental da contorna litoral do casco antigo de Bouzas e ente xestor do PSTD.
Publicación licitación:
Estado de execución:
Galería de imaxes do proxecto:
Link actuacións comunicación:
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100