Logos

Rehabilitación e acondicionamento do Pazo da Raposeira

Obras de Rehabilitación e acondicionamento do Pazo da Raposeira en San Pedro de Sárdoma. (C2I5PL/22/00961)

Descrición do proxecto:

O Pazo da Raposeira, casa señorial que foi construída en diferentes etapas, a inicial no ano 1.625 cando se levantou a ala norte e a entrada do edificio. Posteriormente, en 1.712, completouse a edificación principal coa torre, a capela e o patio de armas por Antonio López, rexedor perpetuo de Vigo, que xunto a Isabel Araujo fundaría o vínculo da Raposeira.

Desde a fundación do vínculo, a propiedade foi transmitíndose de xeración en xeración levándose a cabo sucesivos entroncamentos con notables liñaxes. Así ate a deradeira propietaria descendente directa da familia fundadora, que o cedeu ao Concello.

Polo seu valor patrimonial e histórico, tanto da edificación como dos seus xardíns, acométense as obras co fin de rehabilitar e acondicionar o espazo. O plan de necesidades abrangue a utilización da totalidade do edificio como espazo destinado a uso socio cultural, posibilitando a realización de diversas actividades complementarias de forma que se converta nun foco de referencia de toda a zona.

Coa realización destas obras preténdese:

  • Mellorar as condicións funcionais e habitables do edificio adecuando a superficie aos usos destinados, e dotando dunhas instalacións acorde aos requisitos de funcionamento e tecnoloxía actuais, reducindo notablemente o consumo enerxético e achegando carácter de sustentabilidade reducindo custos de explotación.
  • Aproveitar a oportunidade de utilizar un edificio único polas súas condicións estéticas, polo seu gran valor histórico, e pola súa situación dispondo dunhas instalacións de carácter representativo co obxecto de realizar funcións de uso socio cultural para revitalizar unha contorna carente de referencias públicas.

Publicación licitación: Plataforma de contratación do sector público. Expediente: 11183-307

Estado de execución:

  • Importe adxudicado da actuación: 1.755.045,04 €
  • Subvención outorgada: 1.495.451,86 €
  • Grao de execución: En desenvolvemento
  • Importe total executado: 0 €. En desenvolvemento
  • Importe final subvención xustificado: Pendente de tramitar

Galería de imaxes do proxecto:

foto 1 foto 2

Actuacións comunicación:

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100