A Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, pola que se establece o sistema de xestión do PRTR, é de aplicación ás entidades que integran o sector público de conformidade co disposto no artigo 2.1 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, así como a cantos outros axentes interveñan na execución do PRTR como receptores de fondos, establecendo os procedementos e instrumentos necesarios para garantir a súa coordinación e seguimento.
A vista do contido desta Orde, O Concello de Vigo como entidade beneficiaria e executora de proxectos financiados con fondos económicos do PRTR, deberá contar cun "Plan de medidas antifraude" que lle permita garantir e declarar que, no seu respectivo ámbito de actuación, utilizáronse os fondos correspondentes de acordo coa normativa aplicable, en particular no que se refire á prevención, detección e corrección de fraude, corrupción e conflitos de intereses.
En base a todo o proceso desenvolto no Plan de integridade na contratación e tendo en conta as peculiaridades da Orde HFP/1030/2021, dende a Coordinación técnica do Programa Municipal para os proxectos financiados con fondos do PRTR e coa colaboración do Comité técnico de Programa Municipal Fondos PRTR, procedeuse a conformar documentalmente o Plan de medidas antifraude.
O «Plan de medidas antifraude» é de aplicación á totalidade das empregadas e empregados públicos que desempeñan as súas funcións no Concello de Vigo.
De forma xeral aplícase ao ámbito xeral dos servizos que presta o Concello de Vigo en relación ás tarefas de xestión, seguimento, control e pago de todos os procedementos administrativas que os vinculen, e de forma específica, a todos os expedientes que se desenvolvan financiados co Plan de Recuperación Transformación e Resiliencia, a través dos fondos Next GeneratiónEU, sobre os cales o Concello de Vigo teña a responsabilidade de entidade executora.
Así mesmo, as medidas do Plan serán aplicables, co grao de obrigatoriedade correspondente, ás entidades e persoas beneficiarias privadas, socios, contratistas e subcontratistas, que resulten perceptores ou cuxas actuacións sexan financiadas con fondos provenientes destas actuacións.
A proposta de conformación final do Plan de medidas antifraude no marco da orde HFP/1030/2021 pola que se configura o sistema de xestión do plan de recuperación, transformación e resiliencia. Financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU, ven a desenvolver as obrigas da Orde HFP/1030/2021 e de forma específica se configura cos seguintes contido:
Índice:
- Normativa de aplicación.
- Contexto
- Destinatarios do plan
- Conceptos e definicións
- Conflito de intereses.
- Fraude e corrupción.
- Cuestionario de autoavaliación (estándar mínimo do plan antifraude)
- Ámbito obxectivo do plan
- Ámbito subxectivo de aplicación.
- Órganos responsables.
- Medidas para afrontar conflitos de intereses.
- Prevención
- Corrección.
- Medidas para previr, detectar e corrixir a fraude e a corrupción: o ciclo antifraude
- Prevención
- Desenvolver unha cultura ética
- Formación e concienciación
- Implicación de las autoridades de la organización
- Repartición segregado de funcións e responsabilidades nas actuacións de xestión, control e pago.
- Mecanismos adecuados de avaliación do risco para todas as medidas xestionadas.
- Sistema de control interno eficaz.
- Detección
- Corrección.
- Persecución
- Seguimento e control periódico do plan
- Supervisión.
- Revisión e actualización do plan.
- Comunicación y difusión
- Anexo I: Acordo da Xunta de Goberno Local 12 de decembro de 2019 - Aprobación do "Plan de Integridade na Contratación. Marco Estratéxico.
- Anexo II. Resolución Concelleira delegada área de Contratación Patrimonio e Xestión Municipal de data 17/12/2019. Desenvolvemento operativo do Plan de Integridade.
- Anexo III. Acordo Xunta de Goberno Local 17/02/2022, Estrutura organizativa especifica co fin de garantir unha adecuada coordinación, planificación, seguimento e avaliación PRTR.
- Anexo IV. Acordo Xunta de Goberno Local 13/01/2021- Composición comisión integridade contractual.
- ANEXO V. Resolución Concelleira delegada área de Contratación Patrimonio e Xestión Municipal de data 30/01/2020. Aprobación dos modelos de declaración de ausencia de conflito de intereses.
- ANEXO VI. Resolución Concelleira delegada área de Contratación Patrimonio e Xestión Municipal de data 03/03/2021. DACI-Emplead@s públic@s.
- ANEXO VII.- Resolución Concelleira delegada área de Contratación Patrimonio e Xestión Municipal de data 06/11/2020. Cláusulas éticas de obrigado cumprimento para os contratistas.
- Anexo VIII. Resolución Concelleira delegada área de Contratación Patrimonio e Xestión Municipal de data 27/09/2021. Procedemento para a tramitación dos conflitos de intereses.
- Anexo IX, Resolución Concelleira delegada área de Contratación Patrimonio e Xestión Municipal de data 28/12/21.- Guía de preparación dos contratos.
- Anexo X. Acordo Xunta de Goberno Local de data 10/12/21.- Instrución 1/2021 sobre contratos menores no Concello de Vigo, sus órganos autónomos e entidades do sector público municipais.
- Anexo XI. XGL 12/03/2021 Declaración institucional de integridade.
- Anexo XII. Informe proposta "Código ético" en tramitación.
- Anexo XIII. Acordo Pleno 30/11/2015.- adhesión ao Código de Bo Goberno Local da FEMP.
- Anexo XIV, Acordo Xunta de Goberno Local 13/01/2022_canle alertas.
- Anexo XV Acordo Xunta de Goberno Local 27/08/2021 Plan de Formación 2021.
- Anexo XVI, Acordo Xunta de Goberno Local. 13/01/2022- mapa de riscos.
- Anexo XVII, Acordo Xunta de Goberno Local. 16/03/2017- Aprobación da aplicación das previsións contidas no esquema nacional de seguridade (ENS) e o esquema nacional de interoperabilidade (ENI) oa Concello de Vigo.
- ANEXO XVIII.- Mapa de riscos.
- 1. En materia de contratación. Anexo XVI.
- 2.- En materia de subvencións.
- 3.- En materia de convenios.
- 4. En materia de xestión económica e patrimonial.
- Anexo xix.- Bandeiras vermellas.
- I.- Nos procesos de contratación:
- II.- Nos procesos de subvencións:
- III.- Nos procesos de execución a través de convenios.
- Anexo XX. Modelo de DACI para Contratistas.
O contido integro da documentación que complementa o PLAN DE MEDIDAS ANTIFRAUDE do Concello de Vigo, e que se corresponde co acordo da comisión de autoavaliación de data 8 de marzo de 2022, e aprobado por acordo da Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo en sesión do 11 de marzo de 2022.
Auto avaliación para a revisión do plan de acción do mapa de riscos do plan antifraude: