Parques e sendeirismo
O PARQUE DA RIOUXA
Situado na Avda. de Galicia (no barrio de Teis). Este parque realizouse entre 1990 e 1991.É obra do arquitecto catalán Ricardo Bofill. Ten unha extensión de case 60 hectáreas. O máis destacable son as pérgolas de formigón de máis de 50m de longo. Son pérgolas moi puídas e realizadas cun tratamento especial. Existe gran variedade de especies arbóreas: castiñeiros de indias; carballos do país; bidueiras e piñeiros.
PARQUE CAMILO JOSÉ CELA
Situado na rúa Torrecedeira, comunica con Pi y Margall e ten unha extensión de 7500 metros cadrados. O parque está dotado dun paseo cuberto que pode servir para realizar exposicións ao aire libre. A maior parte é axardinada cunha vexetación de máis de 50 clases diferentes de árbores. Consta de dous miradoiros, dous parques infantís, unha fonte con ornamentación, unha fonte con fervenza, un estanque e unha zona deportiva. Todo o conxunto está iluminado con farois clásicas de fundición.
XARDÍNS DE ELDUAYEN
Dependen da Autoridade Portuaria. Son xardíns de estilo inglés mais, debido ao proxecto Abrir Vigo ó mar, sufriron remodelacións que afectan ao seu deseño inicial. Nos xardíns atópase a escultura de Elduayen, escultura clasicista de finais do século XIX, realizada polo escultor Agustín Querol.
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100