As Illas Cíes

Os faros

En tempos pasados, antes da construción dos primeiros faros, as familias dos mariñeiros colocaban luces en zonas elevadas da costa para poder orientar os barcos na súa aproximación á terra e previlos sobre zonas perigosas.  

Coa auxe do comercio naval, os navegantes comezaron a preocuparse en maior medida pola seguridade das súas embarcacións e tripulacións, o que supuxo un incremento na construción de faros. 

Na actualidade, moitos deses faros e os seus habitantes (os fareiros) perderon o seu uso inicial.

Nas illas Cíes podemos ver catro: faro do Monte Faro, faro da Porta, faro de Monte Agudo (ou Faro do Peito) e faro de Bicos.

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100