Cultura e arte

Biblioteca-Centro de Documentación MARCO

  • Enderezo: MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo - Primeiro andar. Rúa Príncipe, 54. 36202 Vigo
  • Teléfono: 986 11 39 00. Ext: 201
  • Fax: 986 11 39 01
  • E-mail: centro.documentacion@marcovigo.com
  • Web: http://www.marcovigo.com
  • Catálogo en liña: consulta do catálogo
  • Persoa de contacto: Iria Fernández Mouriz
  • Horario:
    • Martes, mércores e xoves, de 11.00 a 14.15 e de 17.00 a 20.00
    • Venres, de 11.00 a 14.15
    • Agás festivos / Agosto, pechada 
    • Dispoñibilidade de cita previa para persoal investigador, fóra deste horario.
    • Consultar posibilidades en: centro.documentacion@marcovigo.com 

A Biblioteca-Centro de Documentación, inaugurada en novembro de 2004 e sita no 1º andar do MARCO, é un servizo totalmente gratuíto que ten como obxectivo proporcionar información bibliográfica, hemerográfica e audiovisual sobre a arte do século XXI e outros aspectos relacionados coa cultura contemporánea.

Os fondos bibliográficos abranguen aspectos da arte como teoría, filosofía, historia, pedagoxía, museoloxía, movementos artísticos ou coleccións. O corpo principal da biblioteca son monografías e catálogos de artistas ou catálogos colectivos, e conta cunha hemeroteca de revistas especializadas galegas, españolas e internacionais, con aproximadamente 60 títulos.

Para completar este obxectivo documental ofrécese acceso a Internet para consultas de arte e cultura a través de cinco equipos informáticos ou por medio da rede wi-fi, ademais do envío de boletíns informativos de convocatorias e novidades.

Todos os fondos pódense consultar on-line a través da web www.marcovigo.com, onde tamén se ofrecen enlaces recomendados, as novidades máis destacadas, e subscrición gratuíta aos Boletíns.

 

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100