Cultura e arte

Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios

Enderezo : Rúa García Barbón, nº 5. 36206 Vigo.

Teléfono: 986 228 088

E-mail: biblioteca.emao@vigo.org

Blogue da Escola: EMAO en liña

Horario:

Inverno (outubro a xuño)

  • Luns: tardes de 16:30 a 20:30.
  • Martes e xoves: mañás de 9:00-13:00, tardes de 16:30-20:30.
  • Mércores: mañás de 9:00-12:30, tardes de 16:30-20:30.
  • Venres: mañás de 9:00-12:30, tardes de 16:30-19:30.      

Verán (xullo e setembro)

  • Luns a venres: mañás : 9 a 14 h.      

A biblioteca abre as súas portas a todo o alumnado e profesorado da Escola e tamén ao público interesado nas artes e  os oficios, na súa vertente tradicional e contemporánea.

Fondos da Biblioteca EMAO

Os fondos son de tres tipos:

  1. Fondo histórico: as publicacións máis antigas remóntanse ao século XVI. Neste fondo inclúense ademais dos fondos cos que se dotou á Escola nos seus primeiros anos de vida, outras coleccións de diferente procedencia (Biblioteca Pública García Barbón, Hemeroteca Fernando Conde Domínguez, Biblioteca do Casino de Vigo e outras doazóns persoais e institucionais).
  2. Fondo moderno é a colección formada polas obras adquiridas nos últimos anos. Formado por todo tipo de publicacións (monografías, publicacións periódicas, obras de referencia, documentos audiovisuais, etc.), seleccionadas pola súa especialización en artes plásticas, artes aplicadas e oficios artísticos e tradicionais.
  3. Fondo artístico e histórico non bibliográfico: formado por cadros, pezas escultóricas, mobiliario, maquinaria, instrumentos, etc. Testemuñas dos anos de historia transcorridos.
 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100