Actualidade
Temática: Voluntariado
Data de publicación: 2026-04-10
Camiño a Camiño
CURSO DE INICIACIÓN AO VOLUNTARIADO MEDIOAMBIENTAL
De cara a realización de labores de voluntariado medioambiental en espazos propostos pola Concellería é preciso contar co curso de iniciación ao voluntariado medioambiental.
Traballaranse contidos básicos sobre o voluntariado (dereitos e deberes, normativa, etc) e sobre voluntariado medioambiental de Camiño a Camiño.
16 abril (xoves):
18 abril (sábado):
Programa de participación cidadá promovido pola Concellería de Medio Ambiente en colaboración coa Oficina Municipal de Voluntariado e dirixido a apoiar a xestión de necesidades medioambientais competencia do Concello de Vigo.
Para poder participar no Voluntariado medioambiental de Camiño a Camiño cómpre ser maior de idade, estar empadroado/a en Vigo e facer o acordo de colaboración de cara a cumprir cos requirimentos da lei de voluntariado de Galicia. Para tal fin, nas actividades de voluntariado pódese cumprimentar, trasladando os citados acordos para o seu trámite á Oficina Municipal de Voluntariado.
Voluntariado urbano
Voluntariado de acompañamento de Cans
Voluntariado de sendeiros
Máis información na web https://vigonature.es/participacion-ambiental
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100