Actualidade
Data de publicación: 27-02-2026
Data de inicio: 04-03-2026
Data de fin: 04-03-2026
Poñemos en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de HUMANIZACIÓN DA RÚA PINTOR LUGRÍS, ENTRE A RÚA ÁLVARO CUNQUEIRO E RÚA LÓPEZ MORA e para a realización do pavimento no cruzamento de López Mora con Pintor Lugrís, a realizar pola empresa Prace Servicios Y Obras Sa , estará pechada ao tráfico a rúa LOPEZ MORA(RUA) N 41 (VIGO) , con acceso exclusivo para garaxes, servizo público e carga descarga, o día 4 de Marzo entre as 9:00 e as 17:00, con acceso exclusivo para garaxes, servizo público e carga descarga,
Sinalización: Instalarán á altura de López Mora con Tomás Alonso, sendos carteis de VIAL CORTADO A 500m. Instalarán á altura de López Mora con Arquitecto Pérez Bellas, sendos carteis de VIAL CORTADO A 200m acceso so residentes.
Mentres dure o peche, autorízase a circulación xeral polo carril Bus, entre José Frau e Peniche.
O luns día 2 e martes día 3 fresarase o cruzamento, con tráfico rodado, carril si /carril non.
Solicítase a máxima colaboración cidadá.
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100