Actualidade
Data de publicación: 20-02-2026
Data de inicio: 23-02-2026
Data de fin: 23-03-2026
Poñemos en coñecemento do público en xeral que para mellorar a circulación viaria modifícase polo Departamento de Seguridade e Mobilidade, a sinalización vial do seguinte xeito:
implantación dunha nova regulación do tráfico no Barrio de Ribadavia, afectando principalmente as rúas Barrio Ribadavia, Hortelana e travesía Couto Piñeiro.
A actuación consiste na restrición de acceso á zona a través da rúa Barrio Ribadavia, permitindo unicamente a entrada a persoas residentes, servizos públicos e prestadores de servizos, conforme ao disposto na Lei 17/2009.
Así mesmo, establécense novos sentidos únicos de circulación:
- na rúa Barrio Ribadavia, a partir do número 37 en dirección á rúa Hortelana, coa excepción dos servizos públicos, que poderán circular cara á rúa Couto San Honorato;
- na rúa Hortelana, desde a rúa Barrio Ribadavia en dirección á travesía Couto Piñeiro;
- e na travesía Couto Piñeiro, desde a rúa Hortelana en dirección á rúa Couto Piñeiro.
Mantense o estacionamento nas condicións actuais. A medida complétase coa implantación da correspondente sinalización horizontal e vertical adaptada á nova configuración viaria e conforme á normativa vixente.
Solicítase ás persoas usuarias da vía que extremen a precaución nos primeiros días, adaptando a velocidade ás condicións da vía e respectando estritamente a nova configuración e a sinalización existente. , dende o 23 de febreiro de 2026 ás 10:00 horas.
Solicítase a máxima colaboración cidadá.
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100