Actualidade

Avisos de tráfico

Pechada ao tráfico a rúa Granada e o Paseo de Granada

Data de publicación: 12-02-2026

Data de inicio: 18-02-2026

Data de fin: 18-02-2026

Comunícase que o vindeiro día 18 de febreiro, en horario comprendido entre as 16:00 e as 20:00 horas, procederase á realización das seguintes actuacións con motivo da entrada e saída dunha autogrúa para a instalación dun centro de transformación (CT) xunto á entrada do aparcadoiro de funcionarios:

Corte puntual do Paseo de Granada, no treito comprendido dende a rúa Camelias ata o garaxe da Policía, para permitir a entrada e saída da autogrúa.

Se permitirá o acceso ao Parking público fora das maniobras puntuais de entrada e saída.

Corte total do Paseo de Granada entre o aparcadoiro de funcionarios e a metade da entrada da Policía. Reserva de estacionamento, quedando libre de vehículos policiais e da corporación, no aparcadoiro da Policía para o estacionamento da autogrúa.

Reserva de estacionamento na confluencia de Camelias co Paseo de Granada para a espera das góndolas-autogrúa.

Corte total da rúa Granada e da entrada/saída ao aparcadoiro de funcionarios no citado horario, non sendo posible nin a entrada nin a saída de vehículos do mesmo durante o tempo indicado.

Rógase a máxima colaboración e comprensión polas molestias que estas actuacións poidan ocasionar.

Cargando recomendacións
 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100