Actualidade
Data de publicación: 30-12-2025
Data de inicio: 05-01-2026
Data de fin: 05-01-2026
CRONOLOXÍA CABALGATA
Domingo 4:
9:00 ? 00:00 Montaxe de valados da cabalgata estática e previsión da dinámica con entrada de trailers ó centro de Vigo e distribución en carretillas elevadoras. Montaxe estruturas TV e PMR
Luns 5:
08:00 ? 10:30 Chegada e montaxe das carrozas a cabalgata estática
11:00 ? 14:00 Cabalgata estática en Av Castelao
14:00 ? 17:00 Montaxe dos valados para a cabalgata dinámica
18:00 ? 20:00 Cabalgata dinámica
20:30 ? 21:00 Recepción dos Reis Magos de Oriente na Porta do Sol
21:00 ? 00:00 Desmontaxe de valados da cabalgata seguido dos camións de limpeza municipais e desmontaxe de estruturas
Martes 6:
00:01 ? 00:00 Desmontaxe de resto de valados e estruturas.
O Servizo De Festas solicita a ocupación temporal do espazo público co gallo da celebración da CABALGATA DE REIS durante o vindeiro día 05/01/2026, cos condicionantes sinalados seguidamente:
Celebración da Cabalgata de Reis estática a celebrar o 5 de xaneiro de 2026 entre as 11:00 e as 14:00 horas no treito da Av Castelao entre Praza de América e a rúa O Grove nos carrís sentido Samil. Establécense as seguintes restricións de tráfico no entorno do evento para a montaxe e o desenrolo do evento:
- O día 4 entre as 9:00-23:59 procederase a montaxe do valado lonxitudinal na Av Castelao para delimitar o entorno da montaxe. Ocupación do carril pegado a mediana sentido centro durante a montaxe. Ocupación de dous carrís sentido Samil deixando libre o carril dereito. Montaxe de estrutura TV e PMR
- O día 5 de xaneiro permanecerá pechado ao tráfico a Av Castelao entre Praza América e a rúa O Grove sentido cara a Samil a partir das 9:00. O entrada e saída ao aparcadoiro soterrado farase pola Av Castelao lado terra. Permitirase o paso polo carril pegado a mediana ata as 11:00 ao transporte urbano, vehículos de emerxencia e vehículos de residentes.
- O túnel subterráneo permanecerá pechado ao tráfico o día 5 de xaneiro a partires das 09:00h. Os accesos estarán pechados mediante valla alta: Avda de Castelao, López Mora e Gran Vía
- Os accesos peonis ao aparcadoiro subterráneo estarán valados con valla alta en en todo o seu perímetro excepto na propia escaleira de acceso
- Permanecerá cortado o carril bici entre a rúa o Grove e a Praza América durante o evento.
- A rúa López Mora disporá unicamente de circulación en superficie cara a Praza América, permanecendo pechado ao tráfico o túnel cara á Av Castelao ata o paso da cabalgata.
- A rúa Estrada terá cortado o acceso á Av Castelao co desvío sinalizado cara a rúa Lalín e Camiño Chouzo. Se ben quedará libre o paso dende a rúa Estrada cara a Av de Castelao, só para vehículos de emerxencia
- Prohíbese o estacionamento na Av Castelao entre Praza América e Ramón Buch sentido Samil.
- Recoméndase o uso da rúa Coruña, Av Castrelos, Av Florida, Av Fragoso, Tomás Alonso e Beiramar como alternativas á Av Castealo.
- As liñas de autobús urbano da Av Castelao sentido Samil serán desviadas pola Avd. de Florida e rúa Martín Echegarai, as liñas que discorren pola rúa Estrada desviaranse polas rúas Lalín e Coruña, e as liñas sentido Praza América dende as 10:30 polas rúas Martín Echegarai e Av Florida.
Celebración da Cabalgata de Reis dinámica a celebrar o 5 de xaneiro de 2026 entre as 18:00 e as 20:00, que percorrerá as seguintes rúas: Av Castelao, Praza América, López Mora, Avenida das Camelias, rúa Álvaro Cunqueiro e de novo Avenida das Camelias ata a rotonda do Bicentenario, ascendendo as carrozas pola rúa Marqués de Alcedo onde se procederá a súa desmontaxe. Os reis Magos continuarán en furgoneta por Paseo de Granada e Abeleira Menéndez ata a Porta do Sol. Establécense as seguintes restricións de tráfico para a montaxe e o desenrolo do evento:
- O día 5 entre as 6:00-11:30 procederase ao corte do percorrido para a montaxe do valado de protección, con acceso exclusivo a residentes e transporte urbano. Entre as 11:30 e 16:00 o trafico permanecerá aberto.
- Os cortes de tráfico nos accesos ao percorrido comezarán as 17:00 e a medida que avanza a cabalgata e segundo instrucións da Policía Local.
- Disporase persoal nos pasos de peóns e cruces ao longo do percorrido da Cabalgata para o control dos mesmos
- Prohíbese o estacionamento en todo o percorrido.
- Prohíbese o estacionamento na rúa Marqués de Alcedo a ambos lados para a desmontaxe de carrozas e atraccións da cabalgata.
- Todos os vehículos aparcados no monte do Castro non poderán saír cara a Avenida das Camelias polo que o farán pola rúa da Atalaia ou Manuel Olivié
- O tráfico que circule pola Avenida de Florida e Fragoso cara a Praza de America desviarase cara a Avenida de Castrelos pola rúa Tranviarios, circulando cara o centro pola Gran Vía
- O tráfico que circule pola rúa Salamanca deberá desviarse cara a rúa Zaragoza
- O tráfico que circule pola rúa Barcelona deberá desviarse cara a rúa Regueiro
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100