Actualidade

Avisos de tráfico

GRAN BIKEADA 2026

Data de publicación: 09-02-2026

Data de inicio: 22-02-2026

Data de fin: 22-02-2026

O domingo día 22 de febreiro, a entidade Social Ciclismo Fan Manager, ten previsto organizar a proba deportiva denominada A GRAN BIKEADA 2026, que tera o seguinte percorrido:

- SAÍDA NEUTRALIZADA,

A proba terá a súa saída ás 09:00h dende a Praza Centro Comercial Vialia, para seguir por Vía Norte, Rúa Urzáiz, Travesía de Vigo, Jenaro de la Fuente, Rúa Aragón, Avenida do Aeroporto, Rúa Cantabria, Camiño do Poulo, Senda da Auga e seguir para o término municipal de Redondela.

- CHEGADA ESCALADA:

A proba entra no municipio de Vigo pola Senda da Auga e segue por Camiño do Praixal, cruza R. Ángel María de Lema, Rúa do Xuncal, Vía Verde (carril bici), Parking exterior Vialia, Rúa Navarra, Carril Bici Vía Norte e Praza Pública Centro Comercial Vialia.

Ás 12:00 h terán lugar a chegada dos primeiros participantes e ás 18:30 h pechará a actividade.

Prégase a máxima colaboración cidadá.

Cargando recomendacións
 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100