Organización Municipal

Comisións informativas

Son comisións informativas as que se constitúen con carácter xeral, distribuíndo entre elas, para o seu ditame, os asuntos que deben someterse ao Pleno. O seu número e denominación, así como calquera variación destas durante o mandato decidirase mediante acordo do Pleno por proposta da Alcaldía, procurando, no posible, a súa correspondencia co número e denominación das áreas nas que se estruturan os servizos administrativos.

As comisións informativas terán as seguintes funcións:

a) Estudo, informe, consulta ou ditame dos asuntos que han de ser sometidos a acordo ou decisión do Pleno.

b) O seguimento da xestión da Alcaldía e do seu equipo de goberno respecto dos asuntos propios da súa competencia

c) As funcións resolutorias que o Pleno lles delegue.

Comisións informativas:

  • Comisión de Urbanismo
  • Comisión de Fomento, Servizos, Patrimonio e Contratación
  • Comisión de Orzamentos e Facenda
  • Comisión de Organización Municipal, Seguridade, Dinamización Administrativa e I+D
  • Comisión de Benestar Social, Igualdade, Normalización Lingüística, Distritos e Participación Cidadá
  • Comisión de Patrimonio Histórico, Cultura, Educación e Xuventude
  • Comisión de Medio Ambiente, Cíes Patrimonio da Humanidade, Parques, Festas, Turismo e Deportes
  • Comisión de Economía, Empresa, Proxectos, Emprego e Comercio

Normativa:

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100