Información económica

Control interno e fiscalización

O control interno é un concepto que se estende á totalidade da xestión económico financeira do Concello de Vigo e demais entidades integrantes do sector público local, e a cualificación de interno responde a que é un control exercido pola Intervención Xeral Municipal do Concello de Vigo, que se contrapón ao control externo, que é exercido por órganos independentes daquela, como son o Consello de Contas de Galicia e o Tribunal de Contas do Estado, dependentes do Parlamento de Galicia e das Cortes Xerais, respectivamente.

O órgano interventor deberá elaborar un Plan Anual de Control Financeiro que recollerá as actuacións de control permanente e auditoría pública a realizar durante o exercicio. Incluirá todas aquelas actuacións cuxa realización polo órgano interventor derive dunha obrigación legal e as que anualmente se seleccionen sobre a base dunha análise de riscos consistente cos obxectivos que se pretendan conseguir, as prioridades establecidas para cada exercicio e os medios dispoñibles.

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100